Todo o tempo estamos a escoitar a importancia da responsabilidade social, da relevancia de pensar non so en nós, senón nos demais; de ser xenerosos e xenerosas para lograr un ben común e tan esperado nestes momentos.

Iso significa contar cos demais, de actuar e implicarse para lograr un sentido de familia e de unión entre nós e entre todos/as. É o momento de desplegar e de desenvolver a comprensión, a tenrura, a empatía, o amor...Aproveteimos esta oportunidade que nos ofrece esta situación tan complexa que estamos a vivir.

Para todos e todas nós é un momento de complexidade e de incertidume, pero para os máis pequenos e pequenas máis. Debemos crear unha contorna de seguridade para que sexan capaces de expresar as súas dúbidas; para que expresen como se senten, ou cales son os seus pensamentos.

Aquí vos deixamos algunhas ideas:

• Intentemos buscar momentos e espazos de calidade, cunha presenza activa para promover o encontro e a comunicación. Temos que crear unha situación de relax e de complicidade ante calquera actividade da vida cotiá, da vida diaria.

• Non utilicemos estes momentos coma un interrogatorio, xa que así conseguiremos o efecto contrario ao noso obxectivo. Se queremos que os nosos/as fillo/as compartan a súa realidade, debemos ser nós os que o fagamos primeiro, e por imitación elos/as aporten a súa propia perspectiva.

• Debemos comunicarnos dende a confianza e de maneira sinxela, sen caer no drama e nos excesos. Adaptemos a nosa mensaxe á idade do neno/a; deste maneira é moi probable que eles participen e nos expresen como están interpretándonos e poder reconducir a conversa se é mester.

• O contido da mensaxe é importante pero tanto o máis e a forma da mesma. Debemos transmitir seguridade coa nosa voz e coa nosa linguaxe corporal. Intentemos parafrasear o que eles/as nos expresan xa que así se sentirán escoitados e comprendidos/as.

• Debemos respectar as súas aportacións, así coma os seus sentimentos.

• Debemos amosar respecto non só ante as súas percepcións ou vivenzas, senón que tamén debemos respectar os tempos. Non debemos forzar a situación comunicativa, simplemente debemos provocala, os nenos/as deben escoller o momento de expresarse con liberdade sen presións.

• Unha que vez que coñezamos a súa percepción da realidade, chega o momento de saber como se senten e o porqué. O ámbito emocional é un eido primordial no desenvolvemento persoal dos nosos/as fillos/as; a nosa meta será que de maneira gradual coñezan o que senten, que o expresen e que o saiban xestionar. Podemos utilizar todo tipo de preguntas coma por exemplo:

• Como te sentes? Por que?

• Gústache o que sentes?

• Se non é así, que podes facer para sentirte mellor? Podemos facer algo os demais para que te sintas mellor?

• En moitas ocasións a linguaxe non nos permite expresar o que queremos expresar ou transmitir, e necesitamos e necesitan un xesto agarimoso, de amor e tenrura que nos diga: estou aquí, estamos xuntos/as!

Dende aquí aproveitamos para enviar unha mensaxe de ánimo e de optimismo así como reiterar que estamos a vosa disposición!!! Que teñades un bo mes de Outubro.