REFLEXIÓN E ORIENTACIÓNS DE FINAL DE CURSO
Case sen darnos conta chegou o mes de Xuño. Seguro que ninguén pensaba que durante este curso escolar que xa remata, íamos vivir situacións tan difíciles e complexas. Seguro tamén que non pensábamos que non poderíamos pasear polas rúas coa familia, nin visitar ao amigos/as ou que deixaríamos de ir ao colexio para aprender dende a nosa casa. Dende o pasado de marzo relacionámonos de diferente maneira; comezamos a compartir ás nosas inquedanzas ou alegrías con demais a través da pantalla dun ordenador ou dun teléfono, levamos a cabo as tarefas e as clases por videochamada, converténdonos en expertos de novas tecnoloxías, algo que tampouco nos imaxinabamos.
Despois de facer este breve balance, toca mirar cara ao futuro, un futuro que a día de hoxe é bastante incerto; non sabemos que nos encontraremos no mes de setembro; pero o que si sabemos é que trataremos de dar resposta a todas as situacións que poden darse, pero seguro que o facemos xuntos/as; familias, alumnado e profesorado.
Dende aquí aproveitamos para agradecervos a boa predisposición e o esforzo manifestado que tiña coma finalidade principal solventar os obstáculos e poder continuar o proceso de ensinanza-aprendizaxe dos voso fillos/as. GRAZAS!!!
Dentro duns días este curso escolar tan diferente chegará ao seu fin, e a continuación deixámosvos algunha recomendación para levar a cabo durante o período vacacional:
1.Reflexionar sobre a situación académico persoal dos nenos/as:
É importante botar a vista atrás e analizar o curso escolar e cales son os resultados académicos; cal foi a progresión, os aspectos a mellorar e os aspectos positivos. De esta maneira será posible realizar unha boa planificación, sempre tendo en conta as recomendacións do profesorado.
- Non sobrecargar de actividades o tempo estival:
Aínda que o estudante deba contar cunha boa planificación das tarefas que reforcen os contidos traballados durante o curso, hai que ter en conta que están de vacacións; o que supón desfrutar do seu tempo libre. O feito de que nalgunha ocasión experimente sensación de aburrimento pode ser positivo xa que ponde ser unha oportunidade para fomentar a imaxinación e creatividade.
- Establecemento de rutinas e horarios:
Os nenos/as están acostumados a organizar o seu día a día en torno a uns horarios. No verán tamén é necesario establecer unha serie de tempos para levar a cabo as actividades, sempre tendo en conta a idade dos nenos/as.
- Tempo de lecer:
Sería moi beneficioso poder combinar a actividade física e mental en breves períodos de tempo. A realización de actividades físicas ou retos mentais ao aire libre é a mellor opción. Utilizar a estratexia ou lóxica matemática con xogos, ou establecer retos de impliquen a lectura e a comprensión sería outra opción.
5.Ocio en familia:
Os nenos/as están acostumados de amigos/as e compañeiros/as cos que pasan a maior parte do día. Así que esta podemos aproveitar dentro do que sexa posible para realizar actividades cos seu grupo de iguais; xa sexa dentro do seu ámbito familiar ou non.
Desexamos que pasedes un bo verán, e esperámosvos a todos/as no mes de Setembro!!!