As apostas online e a ludopatía nos adolescentes

A día de hoxe, as novas tecnoloxías forman parte do noso día a día,todo o mundo en maior o menor medida fai uso destas. A evolución destas é vertixinosa e o que está claro é que estas son o futuro e non van desaparecer senón evolucionar. Como nais e pais vivimos unha época na que nos temos que poñer ao día nas NTIC e moitas veces son os nosos fillos/as os que nos ensinan as “novidades”, as novas tendencias, sempre imos a contrarreloxo. Estas realidades, por unha banda, teñen un potencial positivo e educativo pero por outro aparecen novos riscos que temos que afrontar coa única ferramenta do sentido común, xa que “ninguén nos ensinou a como intervir”. Cando pensamos que xa estamos ao día, aparecen outras novidades e con elas novos riscos dos que nunca oiramos falar e incluso moitas veces consideramos que se xeran alarmas que non son para tanto ou as normalizamos.

A día de hoxe xa estamos concienciados, actuamos e intentamos previr sobre o uso axeitado destas tecnoloxías, somos conscientes do necesario da supervisión que requiren como adulto, informamos os nosos fillos sobre os posibles perigos, nomes como Ciberbullying, Grooming, El sexting, xa son máis familiares para nós.

Un novo reto que afrontar que non é tan familiar son as adiccións relacionadas coas tecnoloxías.

Segundo datos ofrecidos pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC), un 20% dos menores de idade xoga en liña e unha parte importante faino case cada vez que se conecta. Doutra banda, afirman que os adolescentes que usan Internet para xogar teñen ata catro veces máis probabilidades de desenvolver problemas co xogo.

O xogo en liña, as apostas deportivas, o póker en liña, as ruletas a través de Internet, etc. son algunhas das novas formas de xogo que, polo seu fácil acceso, fan que moitos mozos terminen enganchándose.

Toda esta revolución tecnolóxica está facendo que os/as mozos/as teñan acceso ao mundo do xogo dun xeito fácil, rápido e anónimo, onde as apostas, o entretemento e gañar "diñeiro fácil" son as principais motivacións. A idade de inicio a estes xogos é entre os 14 e 17 anos.

Nos videoxogos introducíronse uns novos mecanismos para facer máis rendibles os seus produtos, os micropagos . A finalidade dos micropagos é diversa, pero podemos indicar dous fundamentais:

1- Adquisición de elementos estéticos ou ornamentais: trátase de adornos ou elementos que melloran o aspecto dos seus avatares.

2- Adquisición de recursos que potencialmente lles poden proporcionar unha vantaxe no xogo. Son os coñecidos cofres ou sobres.

Estes micropagos, en principio parecen non entrañar ningún tipo de problema, están deseñados para que o consumidor caia na súa rede sen darse conta. Ademais, ao ser un sistema de pago no que non hai un intercambio monetario directo, senón que é online, é máis difícil ser consciente do gasto económico que estamos realizando.

En calquera dos casos, os micropagos non fixeron outra cousa máis que crear problemas adictivos nos nosos adolescentes.

As apostas deportivas estanse convertendo no primeiro paso dos adolescentes para caer na trampa da ludopatía, pois podes apostar nun breve espazo de tempo a unha chea de variables como quen gañará, quen marcará primeiro, cantos goles marcará un ou outro equipo... o que fai que nun breve espazo de tempo e con tan só un clic se caia na ilusión de que podes gañar diñeiro. Ademais, os mozos veno como unha forma máis de entreterse e darlle máis emoción.

Os expertos coinciden en que existen diferentes características que fan que este tipo de apostas sexan tan adictivas e que inciten cada vez a máis formas novas de probar: O fácil acceso a estes xogos,o anonimato que che proporciona, a posibilidade de gañar diñeiro rápido. ...

Ademais de todos estes factores, non podemos esquecer o impacto que ten a publicidade coa que bombardean constantemente amosando as diferentes formas de apostar que existen, normalizándoas e facéndoas atractivas.

Un adolescente adicto ao xogo adoita ter unha serie de comportamentos que nos poden axudar a identificar a problemática na que se atopa inmerso e poñer en marcha mecanismos de axuda pertinentes:

- Adoitan ser individuos que deixan de ter contacto co seu grupo habitual de amigos e establecen outras conexións con persoas relacionadas coa súa adicción.

- Mostran signos de cansazo porque non dormen ben, xa que dedican a maioría das horas destinadas ao descanso a xogar.

-Adoitan poñerse agresivos cando se lles recrimina as horas que dedican ao xogo, se lles molesta mentres xogan ou se lles impide xogar.

- Negan o seu problemática e a normalizan dicindo que é natural.

-Cren firmemente que poden controlar a adicción que padecen, aínda que a realidade evidencie todo o contrario.

-Poden perder peso porque pasan horas sen comer, xogando a videoxogos, ou, en sentido contrario, desenvolven síntomas de obesidade por falta de actividade física.

- Deixan de realizar as rutinas por xogar aos videoxogos.

Se detectamos estes comportamentos nos nosos fillos, como podemos actuar?

Tratar de abrir vías de comunicación que permitan que o menor sexa consciente da súa situación. Neste sentido, é moi importante:

-Evitar as recriminacións e reproches. Non se trata de culpabilizar, senón de buscar solucións.

- Non xulgar o comportamento. Trátase de axudar a buscar unha saída, non de enxuiciar moralmente un comportamento.

-Empatizar coas emocións do adolescente, de modo que se senta comprendido.

-Comentar co menor as características das condutas adictivas, para que contraste a súa propia situación.

-Ensinarlles os problemas que lles produce na súa vida o xogo. As cousas que poden estar perdendo e das que non son conscientes.

-Apoialos e ofrecer alternativas ao xogo nas que se sintan acompañados e seguros.

-Se é preciso poñernos en mans de especialistas.

 

 

Podedes ampliar información no seguinte enlace : https://fejar.org/apuestas-menores/

Trátase da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados, nesta web encontraredes información, recursos, testemuñas, test de ludopatías e vías de contacto de ser preciso.

 

 

 

 

 

 

Detención e intervención: Programa Educativo Foro Nativos Digitales