Potenciar as novas tecnoloxías, control parental
Hoxe en día, toda a nosa sociedade, incluídos os nosos fillos e fillas, estamos a vivir unha revolución tecnolóxica, que se basea nas novas maneiras de xerar información e de compartila, esta información é unha parte moi central do noso día a día. Recibimos novas dende varias aplicacións do nosos móbil, WhatsApp, Facebook, xornais dixitais, Twitter... Iso é unha cantidade inxente de información sen filtrar, nin verificar. As veces a nos, cústanos discernir se iso que estamos lendo é veraz ou non, pois imaxinade aos nenos/as e adolescentes.
Isto é un feito, que non se pode evitar, aínda que nos de respecto ou temor, os nosos fillos/as, xa son nativos dixitais, e o que compre facer é ensinarlles a manexar estas grandes cantidades de información que proveñen de múltiples fontes, ou de tecnoloxías de última xeración.
Igual que nos ensinamos aos nosos país ou avós a utilizar unha máquina de fotos, un ordenador ou un teléfono móbil. Os nosos fillos/as tamén nos ensinarán a utilizar tecnoloxías que agora non podemos imaxinar. E o reto está en como os acompañamos nesta etapa que están vivindo destas novas posibilidades de comunicarse e acceder á información.
Necesitamos que os nosos fillos adquiran habilidades e normalidade na rede, a sentirse cómodos e seguros, porque esta é e será a súa realidade, o seu día a día, xa que para moitos Internet xa é un espazo onde as persoas se relacionan, aprenden e se desenvolven.
Mentres nós e os nosos fillos vamos aprendendo a como utilizar ben (con seguridade, respecto á protección de datos, sen acoso...) hai algunhas maneiras de controlar o acceso dos máis pequenos a todas estas canles de información.
É moi importante facerlles saber que esta ferramenta danos grandes posibilidades, pero que a súa vez, ten uns riscos (igual que na vida real). Polo tanto primeiro hai que mostrarlles como navegar de forma segura por Internet. Igual que lles mostramos no día a día os comportamentos que poden resultar perigosos, tamén debemos mostrarlles
os riscos que poden presentarse n el mundo virtual (visitas a certas páxinas web, por exemplo).
E outro punto moi importante (case máis que o anterior) é deixarlles claro que a información que se sube á rede está fora do noso control, unha vez na rede, calquera pode acceder a ela e que queda aí por un tempo indeterminado. Reflexionar sobre elo pode axudarlles: “Si unha foto privada túa non a colgas pola rúa ou na porta do cole, por que si o fas en Internet?”
Agora poñémosvos unhas pautas concretas, para que o uso dos nosos fillos/as de internet estea máis controlado.
· O ordenador debería estar nun lugar visible da casa, na sala por exemplo.
· Fixar un horario concreto e responsable, adaptado á súa idade.
· Protexer o ordenador (tablet ou móbil) con antivirus. Instalalo xuntos é unha forma de que se implique na seguridade.
· Establecer contrasinais seguras e configurar opcións de privacidade das redes sociais, (por exemplo, escoller aqueles contidos que poden ver so os amigos e non persoas descoñecidas).
· Educalos no uso responsable das tecnoloxías sendo respectuosos cos demais, sen ampararse no anonimato.