A TRISTEZA

 

A tristeza é unha emoción básica como pode ser a ledicia, o  medo ou o enfado. Todos/as nalgún momento da nosa vida sentímonos tristes, e os nosos rapaces/as tamén o senten.

As causas da tristeza dos nosos/as fillos/as poden ser moitas e moi variadas; o problema en moitas ocasións radica en que non saben identificalas e por consecuencia manexalas.

O identificar e regular as emocións require tempo e aprendizaxe e nós como nais e pais temos unha importante labor por diante.

Un dos principais problemas radica en que as familias non os queremos ver tristes, polo que tratamos de evitarlles ese sentimento, pero non só non é posible librarlles desta emoción, senón que non resultaría beneficioso nin recomendable. Non podemos protexelos de todo, nin facer que só experimenten experiencias agradables e positivas.

A TRISTEZA é unha emoción igual que a alegría, ou o medo, e o máis importante non é evitala, senón darlles a os nenos/as as ferramentas necesarias para que saiban afrontala.

Para iso é básico aprender a recoñecer que o noso/a fillo/a está triste; e isto non é unha tarefa sinxela xa que poden manifestalo de moitas maneiras:

  • Choran por case todo e están decaídos.
  • Non teñen ganas de case nada.
  • Están alterados e e enfádanse con facilidade-
  • Dormen mal.
  • Amósanse menos faladores/as.

Cómo podemos afrontar a tristeza nos nenos/as?

1.- Detección do sentimento:

É mester que os pais/nais identifiquen cal é a causa, porque esa é a única maneira de axudar e de guiar.

2.- Comunicación con  neno/a:

A comunicación é fundamental en todas as relacións e en todos os momentos. É fundamental facerlle entender que estar triste non é malo; que é un sentimento pasaxeiro para o que hai que buscar unha solución.

3.- Búsqueda dunha solución:

As familias deben de guiar ata conseguir un estado de serenidade e tranquilidade.

4.- Comprensión:

De todas as experiencias extraemos unha aprendizaxe. Sen embargo para iso, é necesario comprender o que experimentamos. O descubrimento propio e do seu entorno é esencial para un mellor manexo das emocións.

 

Coma resumen a nosa misión é estar ao seu lado para darlles pistas sobre como poden xestionar os seus sentimentos, en lugar de evitarllos. As emocións están aí e hai que saber afrontalas e vivilas con intelixencia.