Coidamos as Boas Maneiras

 

Comezamos outro ano máis así que Benvidos/as ao curso 2019-2020, Benvidos/as á vosa casa.

A casa representa un punto firme na vida das persoas. Nalgunhas culturas a casa é como si fose un museo con mobles bonitos que se coidan moito para que non se danen ; sen embargo noutras o fogar é un lugar de encontro para familias e amigos; un lugar de acollida, un lugar para compartir e convivir. Pero en toda convivencia é imprescindible o uso das “ boas maneiras”.

 

Hai un dito moi antigo que afirma que “ as boas maneiras abren as portas principais”. Saudar, pedir as cousas por favor, dar as grazas, ofrecer axuda.... todas estas e moitas máis son actitudes que provocan boas vibracións e sentimentos positivos, xa que levan implícito unha convivencia amable, de solidariedade e de respecto cara a si mesmo e cara aos que nos rodean.

 

Conseguir que os nosos fillos/as aprendan boas maneiras e normas de educación é unha meta que non se pode acadar nun abrir e pechar de ollos. Debemos tratar de ensinarlles esas costumes que lles resultarán moi útiles no día a día, tanto na súa vida persoal coma nas súas relacións sociais.

Pouco a pouco conseguiremos que os nenos/as medren coas ferramentas necesarias para desenvolverse en calquera situación. Trátase de que se dirixan aos demais con agarimo, que pensen en como se senten os seus amigos en vez de xulgalos de maneira errónea, que saiban adicar un tempo de calidade aos amigos/as e a familia.....

 

Algúns consellos:

• O primeiro que debemos facer É explicarlle ao neno/a a importancia que posúen estas boas maneiras, é moi importante que saiban por que deben ser respectuosos, cordiais, empáticos.....

• Tamén debemos explicarlles as consecuencias da ausencias das mesmas, podemos amosarlles exemplos e personificalos.

• Predicar co exemplo é a mellor forma de ensinarlles, por iso debemos manifestar bos hábitos e costumes e poñer en practica diariamente todo aquelo que pretendemos que interioricen.

• A paciencia e a constancia serán ferramentas esenciais para poder lograr o noso obxectivo.

• 5. Deben entender que isto non é unha imposición, pero que poñelos en práctica e integralos na nosa vida cotiá resultaralles moi beneficioso na vida.

 

Esperamos que este artigo sexa do voso agrado; e coma sempre reiteramos a nosa dispoñibilidade ante calquera dúbida ou suxestión que poida xurdir. Podedes poñervos en contacto connosco por medio de: • Plataforma Educ@mos

Beatriz Díaz González: Orientadora

Paula Opazo Balboa: Especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT)

Patricia Amor Díaz:Especialista en Audición e Linguaxe (AL) • Correo Electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.