AS TECNOADICCIÓNS

 

Desde fai unhas décadas, as novas tecnoloxías forman parte da nosa vida provocando cambios importante na maneira de relacionarnos coa contorna e cos demais. Debido aos avances tecnolóxicos, as redes sociais e a presencia de internet pasamos moitas horas conectados aos dispositivos tecnolóxicos, dende o noso ordenador ou dende o teléfono móbil.

A día de hoxe existen moitas investigacións que afirman que se non se fai un uso axeitado das novas tecnoloxías, podemos chegar a manifestar adicción a internet, a nomofobia e o Síndrome FOMO.

¿ Que son as tecnoadiccións?

É o desexo incontrolabe de estar conectado ás TIC a todas horas. É un fenómeno relativamente novo, que se describe como a incapacidade de controlar o uso de diversos tipos de tecnoloxía, en particular de internet, por exemplo Facebook, Twitter e Instragram.

Este fenómeno agudizouse co aumento do uso dos smarphones, xa que o acceso a internet e ás redes sociais pode facerse dende calquera lugar e en calquera momento.

As familias e os educadores debemos insistir en que o uso da tecnoloxía por sí sola non é malo , pero si se utiliza de maneira non axeitada pode causar problemas serios.

As características principais das tecnoadiccións son:

Tolerancia: necesidade da persoa de aumentar o tempo que pasa utilizando o aparato (ordenador, videoconsola, teléfono móbil, televisión…) . O benestar que xenera o seu uso vai progresivamente diminuíndo, e por iso o usuario/a tende a utilizalo durante máis tempo e así obter un maior grado de satisfacción.

Abstinencia: sensación desagradable que experimenta a persoa cando non pode usar a tecnoloxía. Por este motivo, úsaa cada vez máis e de forma máis compulsiva, para aliviar o malestar que lle xenera non poder facelo.A sensación de ansiedade cando non pode dispoñer do teléfono móbil é cada día máis frecuente .

O que caracteriza a un problema de adicción é a perdida do control e da dependencia que se crea, que interfire de maneira directa na vida cotiá. Unha persoa pode usar Internet todos os días e non ter un problema posto que o usa de maneira axeitada .

¿ Como podemos detectar o problema?

Identificar as primeiras sinais é fundamental , aquí os deixamos algunhas:

* Pasa moito tempo pensando en cando se poderá conectar de novo.

* Manifesta una estado emocional desagradable cando a actividade é interrompida.

* ( ansiedade, cambios de humor, impaciencia, irritabilidade...)

* Pracer , euforia mentres se leva desenvolve a acción.

* Necesidade de incrementar progresivamente o tempo de uso.

* Perda do control sobre a propia conduta.

* Deterioro das relacións sociais e familiais. Illamento.

* Baixada do rendemento escolar.

* Problemas físicos derivados pola falta de descanso ( fatiga, sono) e exercicio físico.

¿ Que podemos facer para axudar a unha persoa que perdeu o control do uso das TIC?

Finalmente, chegados a esta situacións debemos:

* Pedir axuda a un adulto responsable ( pai/nai/ titor/a, educador/a). Podemos acudir á orientador/a para obter información do ámbito escolar por si puidera ser de utilidade, por outra parte é preciso tamén acudir ao médico de familia/pediatra coa finalidade de que o deriven ao profesional pertinente, que neste caso serías os expertos especializados en saúde mental: psiquiatra e psicólogo.

* Apoiar e comprender a persoa implicada . Facerlle saber que existe un problema e que se vai facer todo o posible para tratar de modificar esta situacións. A indiferenza e os reproches non axudan a que a persoa cambie a súa actitude cara á problemática.

* Limitar e controlar mediante horarios dialogados e consensuados o uso das TIC.

* Fomentar a conciencia dos riscos e consecuencias si se continúa facen un uso abusivo e incontrolado das TIC.

* Promover cambios no seu estilo de vida. Establecer unha lista de actividade que antes facía e que deixou de realizar.

Fonte: file:///U:/8%20ORIENTACIÓN/5%20ESCOLA%20PAIS/recurso%20para%20familias/CURSO%2018%2019/guía%20tecnoadicciones.pdf

Se queredes máis información sobre as tecnoadiccións no apartado de recursos podedes encontrar unha guía que esperamos sexa do voso interese.