O LADO POSITIVO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

A utilidade das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) é indudable. Coa súa aparición cambiou a nosa maneira de traballo, de comunicarnos e incluso de divertirnos.

Nunca antes tivemos tanta información, de maneira tan rápida e ao alcance da man.

Seguramente todas e todos somos conscientes da facilidade que teñen os nenos/as para manexarse con calquera dispositivo electrónico que teñen ao seu alcance. Practicamente non é necesario ensinarlles xa que o fan de maneira innata.

Hoxe en día a maioría dos cativos/as crecen rodeados das novas tecnoloxías e aprenden por imitación, tanto é así que xa se denominan nativos/as dixitais.

As NNTT ofrecen múltiples beneficios aos nenos/as, un acceso ben entendido e controlado pode repercutir de forma positiva na educación e no seu desenvolvemento.


Algúns beneficios son os seguintes:

1-Son unha excelente forma de comunicación. Inmediata, rápida e eficaz. Os nenos/as poden estar conectados con persoas que están noutros países ou estar en contacto permanente con familiares que están lonxe.

2- Son unha porta cara o coñecemento, a golpe de clic e de forma gratuíta poden aprender e coñecer sobre calquera tema, por raro que sexa.

3- Poden ser utilizadas como ferramentas de apoio escolar. En internet os nenos/as poden encontrar exercicios e xogos que lles permiten traballar conceptos curriculares en calquera materia.

4- Melloran os resultados académicos. As estatísticas amosan que os nenos/as que as utilizan como ferramenta de apoio escolar benefícianse dos recursos que hai na rede e o seu rendemento mellora.

5- Son de gran axuda para nenos/as con dificultades de aprendizaxe. Existen innumerables xogos para mellorar a atención, concentración....

6-Estimulan a investigación e o descubrimento. O rapaces/as motívanse e traballan de forma autónoma para buscar e descubrir a información que precisan.

7. Son unha ferramenta de entretemento. Xogar no parque, saír a rúa... seguen sendo actividades imprescindibles na vida do neno, pero non por elo podemos obviar a parte lúdica das novas tecnoloxías. O xogo ben entendido e controlado pode ser positivo, estimulante e didáctico.

8.Desenvolven habilidades tecnolóxicas. Non podemos esquecer que vivimos na era tecnolóxica e que os nosos/as fillos/as traballarán con estas ou outras ferramentas. Familiarizarse con elas é fundamental no seu futuro.

A modo de conclusión; non temos porqué desterrar as NNTT da nosa vida, ou terlles medo. Os nosos fillos/as pertencen á era dixital e é necesario que saiban manexarse coas TICs. Pero si hai que acompañalos e ensinarlles a facer un uso responsable das mesas.

 

Fonte: https://madreshoy.com/los-ninos-y-las-nuevas-tecnologias-ventajas-e-inconvenientes-de-su-uso/