O pasado mes de decembro "móbil para nenos/as" acadou o récord de búsquedas de Google. Non é de estrañar: segundo o INE, máis dun 26% dos nenos de 10 anos xa dispoñen de móbil e, se a idade da mostra aumenta ata os 15 anos, xa son máis do 63% os que contan cun terminal propio. Como chega o teléfono ás mans dos nenos/as?

O principal motivo polo que os pais/nais regalan un teléfono móbil aos nenos/as, segundo o estudo do INCIBE, é pola súa propia tranquilidade. Sen embargo, como xestionar o uso que os rapaces fan dos dispositivos?

Estes son algúns consellos a ter en conta:

 

1. Dá exemplo:

Como en case calquera aspecto educativo unha imaxe (ou un xesto) vale máis que mil palabras. Os nenos/as imitan e asimilan o que ven ao seu redor, así que co móbil non é distinto. Se non queremos nenos/as "empantallados" non podemos selo nós tampouco. Alomenos, cando esteamos con eles: durante as comidas, no parque...

Obrigarnos a deixar o terminal a un lado e dedicar toda a nosa atención á conversa, ao xogo, pode ser un bo comezo, e non só por unha cuestión de autoridade.

 

2. ...Pero sen volverte tolo

Gústenos ou non o móbil forma parte das nosas vidas, así que é imposible desterralo por completo. Ademais, a conexión a internet pode ser moi útil en segundo qeé situacións e controlar aos nosos fillos/as en absolutamente todo o que fan é imposible. Como en todo, o sentido común e a paciencia serán fundamentais.

 

3. Acorda regras

Unha boa forma de amosarlle ao teu fillo/a que isto vai en serio é establecer un contrato. Se cumpren a súa parte do trato, ti respectarás os termos establecidos. Se non, saberán de antemán as consecuencias do seu mal uso. No "documento" podes marcar aquilo que che preocupa e pode ser motivo de polémica: o uso que fagan del no colexio, que ocorre se o rompen, como deben xestionar as redes sociais e as descargas... Cada neno/a é distinto así que hai que personalizalo segundo as necesidades e as normas da casa.

 

4. Crea unha situación de complicidade

Aínda que sexas ti quen estableza as normas, a confianza e a comunicación son clave. Os erros son parte da aprendizaxe.

 

5. Fixar horarios

Non só para que o móbil se quede na casa á hora de ir ao colexio senón tamén cando se achega a hora de durmir. Hai estudos que confirman que os adolescentes dormen media hora menos por cada dispositivo deste tipo que teñen no seu dormitorio.

 

6. Aprende dos pequenos/as

Segundo o estudo "Menores de edad y conectividad móvil en España: tablets y smartphones" os nenos e adolescentes están normalmente máis familiarizados co uso e o manexo das TIC que os adultos que os rodean.

 

Pablo Cantó/María Sánchez Sánchez 10/01/2016 - 08:54 CET