A volta ao cole

 

Chegou xuño, dous meses e medio por diante de vacacións, , facíansenos longuísimos. Pero xa chegou setembro, e con el, a volta ao cole e as rutinas.

Os nosos fillos e fillas tamén se enfrontan ao síndrome posvacacional, pero dun xeito algo distinto aos maiores, é unha etapa transitoria, que soe durar unha semana, na que os máis pequenos poden presentar cansazo, apatía, tristeza, ansiedade, irritabilidade e falta de atención.

Normalmente o que máis lles custa é volver a adaptarse aos horarios, cos seus madrugóns, polo que é moi aconsellable, ir adaptando os horarios paulatinamente uns días antes.

Aquí vos ofrecemos unhas pautas ou consellos a seguir, para intentar evitar esta síndrome posvacacional, e axudar aos nosos nenos e nenas a comezar un novo curso con ilusión e ganas.

1. Unha boa maneira de fomentar a ilusión, é pensar e planificar xuntos o que van necesitar para o colexio e facer unha lista cos materiais que necesitan e ir compralos, deixando (dentro das posibilidades) que elixan o que máis lle gusta.

2- Ter un calendario, no que anotar as actividades para estes primeiros días, para que saiban as novidades que van aparecendo. Poden ir tachando os días a medida que avanzan. Isto axuda moito aos rapaces e rapazas a organizarse mentalmente, ver o tempo que pasa e saber canto tempo falta para cada cousa.

3- Fixar regras básicas para a tele, Internet, móbil, consolas... Xa que no verán úsanse máis e con menos control, debido a que hai moito tempo libre, que se reduce bastante coa volta ao cole. Intentade que sexa un acordo xusto entre todos, non algo imposto de repente. Así será menos “doloroso” e saberán os límites do día a día.

5- Crear un espazo para estudar, o se xa o teñen, ordenalo de cero. Todo o mundo necesita un lugar de estudo, xa dende ben pequenos, para ir creando hábitos. Se non se ten, elixir un lugar da casa e acondicionalo. Ten que estar ordenado, con todo o necesario, pero sen moitas distraccións (sen teles, nin moitos xoguetes) cunha mesa e una cadeira cómoda e adaptada á súa estatura.

6- Falar en familia das cousas positivas que implica o inicio do novo curso, como atoparse cos seus amigos, e coñecer os nenos novos do colexio, aprender cousas novas, os recreos, as excursións.... Iso fará que recorden os grandes momentos que pasaron o curso anterior, aínda que este non queiran volver.

7- Acompañalos o primeiro/primeiros días de colexio, na medida das posibilidades, para que se sintan apoiados, ou intentando que o momento de separación no sexa nada traumático e o máis curto posible, sobre todo para os máis pequenos. Tamén é moi importante a puntualidade tanto para entrar, non queren sentirse diferentes ou sinalados, e ao recollelos, non queren quedar sós e poden sentirse pouco queridos. En todo momento debemos mostrarnos alegres e interesarnos por todo o que nos contan, ocultando os nosos medos e ansiedades (se os temos) e as nosas poucas ganas de volver aos nosos propios traballos.

8- Escoller con eles e implicalos na decisión das actividades extraescolares que queremos para eles, que lles interesen e mostren interese por elas, xa que neste ámbito eles/as poden escoller as súas preferencias, son momentos de aprendizaxe non reglada, pero que van aportar nocións e aprendizaxes distintas.

9- Unha recomendación práctica é a de poñer etiquetas ás prendas de roupa, sobre todo á xerseis, suadoiros e chaquetas, que poden sacar no colexio e que despois non saiban recoñecer. Tampouco está demais unha etiqueta ou chaveiro para a mochila e o estoxo, pódenos esquecer no patio, e será moito máis fácil de dar co seu dono ou dona. Os máis pequenos, xa teñen que levar o mandilón co seu nome, na casa é de axuda que llo ensinedes para que o identifique rapidamente na clase.

10- Por último actuar con naturalidade se os vosos fillos e fillas reciben un ambiente de tranquilidade e naturalidade, eles tamén o vivirán así, deixar todo para o último día e andar ás carreiras non axuda aos rapaces e rapazas a comezar o curso coas pilas cargadas e con ilusión.

 

 

 

http:/://www.20minutos.es/noticia/1911985/0/consejos-ninos/vuelta-rutina/cole/

 

http://www.escuela20.com/colegio-vuelta-regreso/buenas-practicas/10-consejos-para-la-vuelta-al-cole_2889_7_4382_0_1_in.html

 

https://www.planetamama.com.ar/nota/los-10-consejos-clave-la-vuelta-al-colegio