A IMPORTANCIA DE PREVIR O CONSUMO DE SUBSTANCIAS


O fenómeno do consumo de sustancias prexudiciais para a saúde está presente en todos os países. Dáse tanto en grandes cidades coma en pequeno pobo e afecta tanto a home como a mulleres, de todos os sectores sociais e niveis educativos.
Poderíamos chegar a crer que ter problemas ou non con substancias prexudiciais é unha cuestión de sorte e o único que podemos facer e cruzar os dedos para que isto non nos afecte. Sen embargo todos e todas debemos facer PREVENCIÓN, cada un dende su función social, país, educadores …..
Cando os expertos inciden sobre o importante papel que temos na prevención do consumo de drogas dos nosos fillos/as é inevitable que se nos esperten todo tipo de dúbidas e temores. Preocupacións asociadas ao noso propio comportamento ou a posible influencia da nosa actitude nos rapaces. Temores que se manifestan claramente con preguntas do tipo:
-Debemos deixar de tomar unha copa de viño nas comidas para que eles/as non se inicien?
-Como lle vou prohibir ao meu fillo/a que fume se eu o fago?
Igualmente, poden desbordarnos certos hábitos sociais e da cultura xuvenil na que os nosos fillos están inmersos. Os adolescentes saen, reúnense, bailan, fuman e beben, algo que entre eles se considera “NORMAL”. Isto pode provocarnos dúbidas sobre cómo tratar as saídas de fin de semana.
Os temores e as dúbidas poden confundirnos á hora de exercer o papel de axentes preventivos delegando na escola, ou levarnos a pensar que si as autoridades revolveran esta situación nós non teríamos que sentarnos a analizar que podemos facer para evitar problemas de consumo de substancias prexudiciais para a saúde no noso entorno.
Debemos intervir é a nosa responsabilidade temos capacidade e potencial suficiente para facelo. O papel das familias é clave para a prevencións. É máis que evidente que podemos contribuír positivamente para intentar retrasar ou evitar o consumo de substancias nocivas para a saúde dos nosos fillos/as.
Previr no seno familiar supón:
-Transmitir valores e actitude pro-sociais e positivas
-Servir coma exemplo e coma modelo de saúde.
-Crear un clima afectivo de recoñecemento e aprobación, que favoreza a estabilidade emocional.
-Promocionar a autoestima dos nenos/as, ensinándolles a valorar axeitadamente as cualidades e a sentirse capaces de afrontar as dificultades.
-Definir e facer respectar límites e normas que favorezan o autocontrol.
-Responsabilizarlles de tarefas, como parte do desenvolvemento madurativo.
-Favorecer a súa autonomía para que sexan menos dependentes dos demais.
-Comunicarnos con eles/as e favorece o intercambio de sentimentos, emocións e experiencias.
-Axudarlles a desenvolver habilidades sociais que lles faciliten a integración social axeitada.
-Identificar os seus gustos e compartilos con eles/as.
-Participar activamente na nosa comunidade.