Queremos adicar a entrada do comezo do novo curso a queremos adicar a presentar con enorme pracer e ilusión a nosa ESCOLA DE FAMILIAS 2017/18 así que sentídevos benvidos e benvidas .

O primeiro que imos facer é intentar explicar POR QUÉ cremos que é necesario este espazo e cales son os nosos obxectivos.

 

POR QUE UNHA ESCOLA DE FAMILIAS?

As familias sodes os auténticos líderes educativos dos nenos/as. Convertédesvos nos seus modelos a seguir dende ben pequenos. Pero educar é un proxecto complexo e longo no que a escola xoga un papel moi importante.

Debemos ser conscientes de que as dificultades son necesarias para o proceso de aprendizaxe, a solución dos mesmos axuda a súa formación e crecemento, sendo o proceso educativo unha carreira de fondo.

QUÉ OBXECTIVOS BUSCAMOS CON ESTA EdF?

O obxectivo principal desta iniciativa é dispoñer dun espazo onde se aborde todo tipo de problemáticas relacionadas cos voso/as fillos/as, trataremos de facilitar ferramentas e estratexias que vos permitan manexar as diferentes situacións que se poidan ir dando a cotío. Trataremos todos os temas dende o punto de vista máis práctico e centrándonos na problemática real e propia.

Para dar continuidade ao curso anterior, seguiremos con temáticas trimestrais colgando un artigo ao mes específico sobre esa temática. Ademais engadiremos algún artigo “extra” esporadicamente sobre temas que xurdan, en datas sinaladas ou que sexan de actualidade ou de interese xeral. Ao longo de todo este curso seguiremos tamén co apartado “ RECURSO PARA FAMILIAS” nos que podedes encontrar: enlaces de interese, guías, recursos....

 

 

A escola de familias 2017/18 está estruturada da seguinte maneira:

TEMPORALIZACIÓN

TEMÁTICA

ARTIGOS

1º TRIMESTRE

A FAMILIA E AS RELACIÓNS

-A tolerancia á Frustración

-As relacións interpersoais

-Os xogos en familia

2º TRIMESTRE

A FAMILIA E A ESCOLA

-Innovación educativa

-Actitude das Familias hacia a escola.

-Orientación vocacional

3º TRIMESTRE

FAMILIA E SAÚDE

-Distintos tipos de consumos

-Hábitos perxudiciais

 

Rematamos esta pequena presentación e artigo de benvida coa intención e compromiso de que ao longo deste curso aprenderemos sorprendentes recetas engadindo novos ingredientes, e todo isto para encontrar e degustar todos xuntos/as o SABOR DA FELICIDADE!