As familias poden motivar os seus fillos/as a aprender moito na aula. Algúns/as nenos/as prestan atención na clase, realizan as tarefas diarias, teñen moita motivación , pero os resultados académicos non reflicten o esforzo adicado porque precisan axuda para estudar dunha maneira óptima.

Aspectos que podemos ter en conta:

 

As familias deben amosar interese polo seus estudos:

Sara Tarrés Corominas , psicóloga infantil ofrécenos algúns consellos para as familias de nenos/as que non teñen motivación e que non amosan interese;

Debemos motivar dende o exemplo, temos que amosarlles que nos importa e moito o que fan na escola así como a maneira en que o fan. Temos que implicarnos no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos nosos/as fillos/as dende o primeiro ata o derradeiro día.

Isto non significa realizar as súas tarefas por eles/as, todo o contrario. As familias debemos actuar de apoio  e de guía.

 

As familias deben estar en contacto co profesorado:

A psicóloga  recolle o seguinte : “A nadie le debería extrañar ni sorprender, pero lo cierto es que en muchas ocasiones nos negamos a aceptar que el éxito o el fracaso de nuestros hijos en la escuela depende en gran medida de nosotros, los padres, y de cuán implicados estemos no solo en sus estudios sino en su crianza, desarrollo y educación en general”, advirte Tarrés.

“Es importante que mostremos interés por la escuela de nuestros hijos, que conozcamos a sus profesores y que acudamos a todas las entrevistas a las que nos citen. La buena comunicación familia-escuela facilita el conocimiento mutuo y por tanto también hará que los maestros se sientan más seguros si deben llamarnos si tienen alguna inquietud sobre nuestro hijo”.

 

Que normas deberían establecer  as familias para facilitar o estudo ?

A psicóloga infantil recomenda preparar un lugar específico para que o alumno/a estude. É mester que este lugar sexa : cómodo , bonito , agradable , onde o neno/a poida realizar as súas tarefas .Colocaremos neste lugar todos os materiais escolares necesarios para poder realizalas

É moi importante tamén crear um hábito e rutina de traballo e estudo. Esta rutina será diária.Para poder creala é nesaria a repetición . Non debemos esperar a que os nenos/as traian os deberes para que se sente cada dia un tempo a estudar, ler ou escribir.

Debemos facer fincapé que só despois de estudar ven a diversión e o xogo. Mentres sexa tempo de estudo , asegurarémonos que evitar as distraccións.

 

Para máis información sobre este tema está a vosa disposición na sección de recursos paa familias un manual que leva por título “ Como ayudar a los hijos a obtener el éxito escolar”.