Ninguén pode negar a utilidade das novas tecnoloxías sobre todo a hora de abrir novos canais informativos e comunicativos. Nunca as novas xeracións tiveran o seu alcance tanta información e de forma tan rápida como agora.

 

As denominadas Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación convertíronse en ferramentas esenciais nos diferentes ámbitos da vida cotiá , académica , laboral , social e de ocio. Dentro das TIC´s, inclúense, ademais dos servizos de contacto electrónico (e-mails, servizos de mensaxería instantánea, chats, foros, etc.), os teléfonos móbiles multimedia, as plataformas on-line de difusión de contidos e as redes sociais ( Twitter , Instagram....)

A continuación ofrecemos algunhas pistas e orientacións:

 

1-A que idade poden comezar a utilizalas:

Unha das preguntas que soen facerse as familias é cando é convinte permitir aos seus fillos/as o acceso a estos recursos tecnolóxicos. En principio, é complicado establecer a nivel xeral unha idade en concreto, dado que tamén depende da madurez , do entorno, e outras circunstancias, As familias como referentes educativos principais deben tamén tomar decisións conforme os seus propios valores , con frecuencia terán que enfrentarse ao poderoso argumento do seu fillo/a respecto a que supostamente a maioría dos seus compañeiros/as xa dispoñen de tal dispositivo , aplicación , xogo......

 

2- Ventaxas e inconvenintes.

As vantaxes das TICs son evidentes. Proporcionan medios moi eficientes para a comunicación humana, eliminando fronteiras ou distancias xeográficas.

Todo elo conduce a que calquera información, verdadeira ou falsa poida ser difundida por unha persoa e ter un alcance casi inmediato a miles de elas. Esto pode ser entendido como un gran avance no sentido de que facilita a libre expresión de pensamentos, ideas, etc, que antes da chegada das TICs, era prácticamente imposible. Non obstante, esa virtude pode convertirse polo mesmo motivo no seu principal punto débil si se utiliza para fins delincuentes, ilícitos ou, simplemente para facer dano a alguén.

 

3- Perigos : mal uso, abuso, adicción.

Falamos de mal uso cando as TICs se utilizan como medios para insultar, ameazar ou acosar a outras persoas. Tamén para finalidades delictivas como poden ser estafas, enganos ou suplantación da identidade. Por último, o mal uso pode vir determinado polo acceso a contidos violentos ou de temáticas non acordes coa idade do neno/a.

Un dos temas que máis preocupan actualmente son os que denominamos Ciberbullyng e Grooming.

CIBERBULLING: É o acoso entre menores na Rede e inclúe actuacións de chantaxe, vexacións e/ou insultos de nenos/as ou xóvenes hacia outros da súa mesma idade ..

GROOMING: É o conxunto de estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañarse a confianza dun menor a través de internet, coa finalidade inicialmente oculta, de obter concesións de índole sexual, como imaxes a través da cámara web, whatsapp ou outros.

 

Falamos de abuso das TICs cando se produce un progresivo aumento dos tempos adicados ás pantallas en diferentes modalidades (tablets, móbiles, ordenadores, etc.) que poden chegar a xerar certa dependencia (malestar cando non poden facer uso de elas durante un determinado tempo que cada vez pode ser menor). Nos casos máis extremos pode chegarse a producir unha verdadera adicción a estas tecnoloxías.

 

ADICCIÓN

Aunque hoxe en día non dispoñemos todavía dun diagnóstico de adicción específico das TICs nos diferentes manuais psicolóxicos (DSM-V, CIE) sabemos das similitudes coas adiccións a outras actividades e/ou substancias. A adicción supón unha alteración importante na vida diaria do neno/a que a sofre e da súa familia coas consecuentes repercusións no ámbito escolar e social.

 

¿Cal é o principal síntoma?

Sen dúbida a luz de alarma acéndese totalmente cando a persoa que utiliza algunha destas tecnoloxías chega a un punto onde a súa vida xira totalmente ao redor do uso continuo dela, deixándolle de interesar outras actividades e intereses sociais (ocio, deporte, saídas con amigos/as , estudos,etc.) coas que ata entonces disfrutaba.

 

Consecuencias da adicción:

 

-Cambios radicais no estilo de vida.

-Problemas de relación familiar.

-Desinterés por outras cousas que non sexan as pantallas.

-Distorsións cognitivas: Perden contacto coa realidade.

-Desestructuración da personalidade

-Non ven ou valoran as consecuencias da súa adicción.

-Ameazas graves aos pais ou a persoas que se interpoñen.

-Autolesións.

-Pérdida absoluta do interés por relacionarse de forma presencial.

-Retraemento e paranoias.

 

4- Primeros síntomas de alerta.

Deixa de facer cousas que antes lle gustaban.

Cambia horarios de sono ou comida.

Cambia o comportamento e / o carácter. Máis agresivo, máis irritable.

Discute por todo.

Empeza a mentir e a justificar o tempo excesivo adicado.

Nos casos máis extremos: hurtos de diñeiro para saldo u outros.

Baixada no rendemento escolar.

Amósase esquivo, encerrado en sí mesmo. Non quere falar.

 

5- Previr mellor que curar

  • Non serve prohibir, é necesario regular o seu uso.

  • É preciso establecer de maneira consensuada xunto aos seus fillos/as o tempo que precisan para estar conectados a Rede , inluíndo o tempo de estudo e o de ócio acorde a súa idade.

  • Procure que un adulto estea na casa durante o período de conexión a fin de poder supervisar os contidos en función da idade .

  • Asegúrese de que entenden que certos comportamentos aún baixo a "protección" do anonimato son delitos e que poden ter problemas con elo.

  • Debemos insistirlles en que non respondan mensaxes de descoñecidos ou outros que poidan resultar ofensivos ou violentos.

  • As familias deberían coñecer as novas tecnoloxías e compartir tempo con seus fillos/as con esta actividade. O problema actualmente está en que os pais ou nais non coñecen os novos medios e a miúdo son manipulados ou enganados polos fillos/as que sí as coñecen.

  • Regular os tempos de utilización das tecnoloxías. Acondicionar tempo de estudo ou outras actividades a tempo para xugar no ordenador.

  • Utilizar filtros de control ou establecer horarios de posible conexión.

  • Ser capaces de propiciar outras actividades lúdicas (fútbol,saídas con amigos).

  • Ser uns modelos como pais estables e coherentes co que lle pedimos.

 

A continuación , podedes atopar no apartado de Recursos un “ contrato familia-fillo/a “ , elaborado polo Corpo Nacional de Policía referente ao bo uso das NNTT.