O mes pasado comentábamos que era o acoso escolar e o que podíamos facer ante unha situación así Neste mes abordaremos outra forma de acoso: o ciberbullying. A liña que separa o acoso escolar do ciberbullying é xa inexistente; todos os conflitos que se inician no ciberespacio afectan á comunidade social e educativa onde os rapaces se integran. As consecuencias sociais, morais, psicolóxicas,temporais etc., son imprevisibles.

O ciberbullying entre escolares é un tipo concreto de ciberacoso aplicado nun contexto no que unicamente están implicados menores. Existe ciberbullying cando, de forma reiterada, un menor recibe doutros menores, a través de soportes móbiles ou virtuais, agresións (ameazas, insultos, ridiculizacións, extorsións,roubos de contraseñas, suplantacións de identidade, baleiro social, etc.) con mensaxes de texto ou voz, imáxenes fixas ou gravacións, etc., coa finalidade de socavar a súa autoestima e dignidade persoal e danar o seu estatus social, provocándolle vitimización psicolóxica, estrés emocional e rexeitamento social.

As características semellantes e diferentes do ciberbullying e  do acoso son:

Semellanzas

Diferenzas

·                    A vítima sofre un deterioro da súa autoestima e dignidade persoal

·                    A situación de acoso  dilátase no tempo

·                    O comportamento por parte do acosador é intencional, non accidental.

·                    Os perfís que participan son acosador, vítima e espectadores, aínda que as novas tecnoloxías proporcionan capacidades aos alumnos que nunca se  atreverían a coaccionar a ninguén se non fora pola habilidade á hora de utilizar estes recursos e as falsas aparencias de anonimato na rede.

 

·                    O medio utilizado para levar a cabo o acoso é tecnolóxico

·                    O alcance 24 x 7, fai referencia a que a potencial agresión pódese producir 24 horas ao día, os 7 días da semana.

·                    O anonimato ou engano acerca da autoría dende o que se pode producir a agresión .

·                    Dende o punto de vista psicolóxico  destácase que o ciberbullying  trátase dun tipo agravado de acoso, no só polo  acoso en si, senón pola expansión que se produce da noticia, que soe atentar contra a intimidade e a honra;

 

 

Como o podemos previr?

A prevención de riscos no ámbito do uso da tecnoloxía,  convértese nun elemento fundamental cando falamos da súa utilización por parte dos menores. Os pais e educadores deben axustar o seu nivel de supervisión á idade dos menores. Debemos:

  • Educar no funcionamento “técnico”: é necesario dar a coñecer aos menores tanto os riscos (virus, spam, suplantación de identidade, etc.) como as ferramentas instaladas ou habilitadas nos equipos (antivirus, contas de usuario limitadas, etc.), ademais dos hábitos seguros.
  • Limitar os horarios de uso para evitar calquera tipo de dependencia das redes sociais, e establecer un lugar de tránsito e uso común para ubicar o ordenador.
  • Utilizar o criterio de «piel con piel», segundo o cal os nenos deben xogar na rúa, ir a campamentos e interactuar con outros nenos.
  • Establecer un criterio de idades, tanto para a utilización da tecnoloxía como para o acceso aos contidos.
  • Educación familiar e escolar na que se preserven e eduquen a xestión dos datos persoais, o dereito e salvagarda da intimidade, e o respecto á imaxe dun mesmo e dos outros.
  • Ensinar que as condutas que se leven a cabo no uso das novas tecnoloxías e de Internet tamén poden ter consecuencias no ámbito familiar(castigos), no ámbito escolar (sancións) ou, xa en casos máis graves, incluso penais(delitos).
  • Educar en valores, empatía,respecto, tolerancia á diversidade , habilidades sociais, no manexo das emocións,no control da frustración, na expresión axeitada de sentimentos...

 

Que podo  facer como familia ante o ciberacoso?

  1. Observa a/o neno/a
  • Estea atento aos cambios de humor e de comportamento, a motivación fronte o estudo, frecuentes

enfermidades leves como dor de estómago ou xaquecas.

  1. Escoite e dialogue
  • Os rapaces/as case nunca menten nestes temas. É importante escoitar o que viviu e como se sente, sen xulgalo.
  1. Manteña a calma
  • É importante estar sereno e adoptar unha actitude de comprensión e atención, transmitindo seguridade e tranquilidade.
  1. Dígalle que non é culpable
  • Todas as persoas temos dereito a ser protexidas contra calquera forma de violencia e a ser tratados con respecto.
  1. Reforce a súa autoestima
  • Recoñeza as súas capacidades, habilidades e o esforzo por pedir axuda.
  1. Comunique a situación ao colexio
  • É importante que no centro coñezamos a situación e manteñamos unha comunicación continua e de colaboración .
  1. Facilite a oportunidade de ampliar o grupo de amigos e amigas
  • As actividades fóra do cole permiten que se relacione con mozos e mozas da súa idade.
  1. Manteña unha boa comunicación baseada na confianza
  • Isto facilitará que acuda a vostede no caso de recibir algún contido ou invitación que lle provoque malestar ou incomodidade.
  1. Recoméndelle ao seu fillo:

— Gardar as mensaxes como proba. Non ten que abrilos.

— Bloquear ao remitente.

— A través da páxina web ou do servizo de Internet  pódese poñer unha denuncia. En todas as  redes sociais pódese facer un click no  botón denuncia.

 

Se queredes saber máis sobre este tema no apartado de recursos encontraredes unha guía de Actuación contra o ciberacoso que desenvolve amplamente este tema.