Que é un trastorno alimenticio?

Un trastorno alimenticio é un enfoque na comida e no peso que ocasiona que unha persoa  experimente situacións extremas cando se trata dos alimentos e de comer. Dous dos trastornos alimenticios máis comúns son a bulimia e a anorexia.

Os  trastornos alimenticios con frecuencia desenvólvense durante a etapa da adolescencia ou aos inicios da idade adulta. Son máis comúns entre as adolescentes pero pode afectar aos nenos tamén. Os efectos sociais inclúen baixa autoestima e illamento. Os trastornos alimenticios poden provocar graves problemas de saúde que poden converterse nunca ameaza para a vida.

Cales son os indicios dun trastorno alimenticio?

Non é inusual que os adolescentes cambien os seus  hábitos alimenticios de vez en cando. Algúns adolescentes experimentan cun estilo alimenticio diferente (por exemplo, unha dieta vexetariana) ou inician una dieta para baixar de peso. Eles ocasionalmente poden omitir algunha comida. Con frecuencia, estos cambios pasan rapidamente.

Existen varios indicios e síntomas diferentes dos trastornos alimenticios. Algunhas veces son obvios, pero non sempre. Con frecuencia  esfórzanse por ocultalo .

O seguiente cadro enumera algúns indicios e síntomas do trastorno alimenticio da bulimia e da anorexia.

Sinais e síntomas dos trastornos alimenticios  máis comúns

Bulimia

  • Sacar ás escondidas os alimentos
  • Esconder os recipientes baleiros de comida
  • Omitir as comidas ou comer só pequenas porcións
  • Evitar comer con outras persoas .
  • Vomitar despois de comer .
  • Tomar diuréticos ou laxantes .
  • Xaxuar (non comer por un tempo) .
  • Facer exercicio en exceso .

Anorexia

  • Estar moi delgado
  • Sensación de sobrepeso a pesar de estar moi delgado .
  • Ter medo de subir de peso .
  • Obsesionarse coa comida .
  • Contar as calorías.
  • Crear “rituais de comida” (por exemplo, mastigar cada bocado certa cantidade de veces)
  • Facer exercicio en exceso
  • Tomar pastillas, diuréticos ou laxantes
  • Sensación de frío todo o tempo
  • Usar roupa folgada para ocultar a perda de peso

Que debo facer se sospeito que o meu fillo/a ten un trastorno alimenticio ?

Se o/a seu fillo/a adolescente ten un trastorno alimenticio , debe actuar rapidamente . Consulte co seu médico de familia, un adolescente que ten trastorno alimentício precisa axuda dun profesional para tratar o seu corpo e a súa mente .

Côn frecuencia , os adolescentes precisan asesoramento para falar sobre como se senten acerca da súa fisonomía e outros aspectos da súa vida.

Tamén é moi importante estar seguro de que o seu fillo/a adolescente se senta querido e que conta co apoio de familia e amigos/as. Sentirse seguro e aceptado pode axudar a crear unha base sólida para que comece a aprender novos hábitos moito máis saúdables.