Neste enlace tedes a información sobre os chromebooks.

Como xa informamos en anteriores circulares imos ofertar a posibilidade de mercar chromebooks dende o centro podedes facelo desta maneira moi sinxela. 

  1. Entrar no sitio web: https://proyectos.xenon.es/es/ 
  2. Rexistrarse na web
  3. Engadir o alumno/a nome e apelidos co código do noso centro : DIVLUG0707
  4. No catálogo do colexio aparecerá o chromebook Acer R752T N4020 4GB/32GB 11.6"HD
  5. Confirmar o pedido e elixir a forma de pago (pódese financiar a compra)

O prezo dos chomebooks é de 398.27€ que inclúe o canon dixital, licenza de Google for Education e garantía de 4 anos.

Adxúntovos un documento onde ven explicado todo proceso de compra e neste enlace podedes consultar dúbidas frecuentes:

https://proyectos.xenon.es/es/contactanos

Para calquera dúbida contactade coa administradora.

Neste enlace tedes información sobre a entrega de vales para mercar material e libros, o horario do centro nos meses de xullo e agosto, a posibilidade de compra de chromebooks e licencias dixitais e o nome do novo director.

 

Neste enlace  podedes ver o horario de exames de setembro. Tedes que estar pendentes da web por se houbera algunha modificación pois aínda non temos calendario oficial.

Coma todos os anos, facilitámosvos por este medio o listado de libros e material escolar de cara ao vindeiro curso. Podedes consultalo na sección de descargas da nosa web, ou ben premendo aquí.

Coma cada ano ofrecémosvos a nosa revista escolar, desta vez en formato informático. Premede aquí para visualizala.