• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Un novo curso comeza cheo de paixón.

Benqueridas familias, alumnado, membros da comunidade educativo-pastoral e todos e todas aqueles que vos asomastes a nosa páxina web.

O curso 2021-2022 xa está en marcha e desborda vida por todas as esquinas. Se o curso pasado queríamos vivir cos ollos abertos para descubrir todas aquelas cousas novas que día a día agromaban, este curso queremos vivir todo eso que descubrimos dunha maneira especial: con paixón!

Apaixonados pola Vida: así é como queremos vivir todos os momentos que este curso nos ten reservados. Vivir con paixón non é vivir como se todos os días fosen iguais, grises, un continuum de segundos, minutos, días... é vivir como se cada comento fose o primeiro, o único e o derradeiro.

Este vivir con paixón tense que notar nos momentos de encontro, nas relacións que establecemos entre todos os que formamos a nosa comunidade educativa-pastoral; no coidado a todos os niveis que nos regalamos entre nós.

A palabra paixón deriva da latina passio, passionis que nos fala da acción de sufrir ou padecer. Esta raíz etimolóxica pode iluminarnos no noso quefacer ao longo deste curso: por unha banda recordarnos que todo isto que queremos facer ten un custe e por iso nos esixe un esforzo persoal a todos os que formamos parte deste centro; e tamén nos recorda a obriga que temos con aqueles que o están pasando peor ou teñen máis dificultades. Que sexamos quen de poñer vida o noso redor.

Vivir con paixón fala tamén de vivir con esperanza. Unha esperanza que tanto escasea hoxe en día; unha esperanza que nos da un horizonte para vivir e curar as feridas do camiño.

Que o curso que comeza sexa un curso venturoso e o poidamos ir enchendo de vida entre todos.


Feliz curso 2021-2022, e que vivamos apaixonados pola vida!

contacto