LEMA CAMPAÑA PASTORAL CURSO 20-21
"ALGO NOVO ESTÁ A AGROMAR"
Cando se comezou a pensar na Campaña deste ano sabíamos que esta época non é tempo de evasión ou de mirar cara outra parte, ignorando todo o que sucedeu. Se as máscaras ocultan o noso sorriso, chegou hora de "aprender a sorrir cos ollos". Unha mirada atenta ensinaranos a pasar a vida polo corazón, de modo que o percibido vaia transformando o noso interior e a nosa contorna.
A nosa Campaña quere desenvolver, de modo transversal e durante todo o curso catro grandes núcleos temáticos.
1."Coidado das persoas" descubrindo o valor da vida e das relacións que humanizan.
2."Vivir en actitude de saída" ao servizo dos outros, especialmente dos que máis o necesitan.
3."Educar a mirada e o corazón" comprometéndose a construír un mundo novo no que a persoa sexa sempre o centro.
4."A experiencia diaria da fe" redescubrindo a presencia de Deus na nosa vida cotiá a través da oración persoal e comunitaria.
Este curso estará, por tanto, cheo de incertezas, teremos uns ollos novos, uns ollos atentos, que serán capaces de apreciar esta novidade que dá esperanza ao mundo e convídanos a seguir soñando. Soñando como fillos /as dun soñador, Don Bosco.
Así que non desaproveitemos a oportunidade que se nos brinda!
O Equipo de Pastoral desexa que “Algo novo agrome” na nosa Comunidade Educativo Pastoral neste curso. Moito ánimo a todos e todas.