Equipo de Dinamización Lingüística
A Constitución do 1978, ao recoñecer os nosos dereitos autonómicos como nacionalidade histórica, fixo posible a posta en marcha dun esforzo construtivo encamiñado á plena recuperación da nosa personalidade colectiva e da súa potencialidade creadora.
Un dos factores fundamentais desta recuperación é a lingua, por ser o núcleo vital da nosa identidade. A lingua é a maior e mais orixinal creación colectiva dos galegos, é a verdadeira forza espiritual que lle dá unidade interna á nosa comunidade.
De acordo co establecido no artigo 3 da Constitución e no 5 do noso Estatuto de Autonomía asegúrase a normalización do galego como lingua propia do noso pobo. Posteriormente o Parlamento de Galicia aproba a lei 3/1983, do 15 de Xuño, de Normalización Lingüística.
O obxectivo fundamental deste plan de normalización será que o galego sexa a lingua vehicular do ensino e que asemade sexa a lingua de toda a comunidade escolar educativa.
Hai que ter en conta que a normalización da nosa lingua non é “algo” dos representantes do EDLG, non atinxe só ao profesorado da especialidade de Lingua e Literatura Galega, senón que canto meirande sexa o colectivo implicado, moito mellor. De aí a necesidade de concienciación da problemática por parte de todos nós (profesores, pais, alumnos e alumnas...)
COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O EDLG do Colexio Salesiano Divina Pastora de Lugo, neste curso 2021-2022, renova parte da composición dos seus membros. Quedando constituído por:
Coordinadora |
|
Representantes de Profesores |
|
Profesores Colaboradores |
|
Representantes de Alumnos/as |
|
Persoal de Administración e Servizos |
|
O proxecto que imos presentar está recollido na nosa programación anual de actividades tendo en conta o Plan Lingüístico do centro.
OBXECTIVOS PARA O CURSO 2020-2021.
Obxectivos específicos
Con respecto ó alumnado:
-
Potenciar a difusión da cultura galega e promover o uso da nosa lingua como medio de comunicación habitual por medio das actividades complementarias.
-
Dinamizar o uso da lingua galega por medio de expresións culturais e artísticas.
-
Promover entre o alumnado o uso normativo da nosa lingua.
-
Promover o uso da lingua galega na decoración e ambientación do centro durante as diferentes campañas, así como na obtención de recursos do mesmo.
-
Participar en diversos certames promovidos por diferentes institucións a prol da lingua e cultura galega.
-
Implicar ao alumnado en actividades relacionadas coas TIC en galego.
Con respecto ós docentes:
-
Dinamizar o uso da lingua galega por medio de expresións culturais e artísticas e nos diferentes blogues dos ciclos ou mestres
-
Informar ao profesorado sobre os distintos cursos formativos para a actualización e perfeccionamento do galego.
-
Incrementar o uso do galego na relación cos compañeiros, alumnado e pais.
-
Facilitar recursos TIC en galego para a práctica docente.
-
Garantir o cumprimento do horario lectivo das materias que legalmente deben impartirse en galego tanto en E.P. como na E.S.O.
-
Dinamizar un festival con ampla presenza da lingua galega (actuacións, presentacións, playbacks....)
-
Dinamizar o uso da lingua galega nas actividades educativo-pastorais (bos días, celebracións, campañas solidarias...)
-
Ofertar cursos formativos e de perfeccionamento da lingua galega.
Con respecto ás familias:
-
Promover a participación das familias como dinamizadoras da lingua e cultura galega.
-
Transmitir información por medio da páxina web e outras plataformas TIC usando o idioma galego.