A nosa escola “Divina Pastora” é unha das múltiples ofertas, que na nosa plural sociedade ofrece a Congregación Salesiana á cidade de Lugo. Como calquera escola a nosa razón de ser vén xustificada polos nosos trazos propios, pola nosa proposta educativa que nos distingue do resto.
Cremos que neste século segue a ter sentido a proposta educativa da nosa escola, pois son moitas as familias que seguen a confiar en nós en Lugo, en España e en todo o mundo. A nosa escola, privada e sostida con fondos públicos, ofrece unha proposta que ten unha larga e probada tradición.
Misión, visión e valores
A misión da escola salesiana radica na súa capacidade de ser unha escola:
-
católica, aberta a todos, sobre todo aos máis pobres e necesitados,
-
fundamentada sobre os valores do evanxeo,
-
fiel á misión encomendada por Deus á comunidade eclesial,
-
en diálogo coa realidade multicultural e multirrelixiosa do seu contorno,
-
quen de ofrecer formación integral á persoa na perspectiva do honesto cidadán/a e bo cristián/á (axudando a: descubrir e potenciar as súas capacidades físicas, afectivas e intelectuais; a desenvolver a súa dimensión socio-política e o seu sentido ético e trascendente e a descubrir o seu propio proxecto de vida como elemento de autorrealización),
-
como servizo cualificado á sociedade.
Consideramos que a escola salesiana debe manifestarse (visión) como lugar e ambiente onde:
-
se comparte un enfoque común da vida e da educación no contexto europeo,
-
se adopta o estilo preventivo de Don Bosco e de María Mazzarello,
-
se promove un ambiente educativo positivo e creativo onde se pode facer experiencia de valores humanos e cristiáns,
-
se colabora na construción dunha Europa aberta e solidaria.
A escola salesiana esfórzase en ser espazo onde se experimentan algúns valores que dan corpo á nosa oferta educativa como son:
-
a apertura a Deus como fonte da verdadeira humanización da persoa,
-
a confianza nos mozos que están no corazón do proxecto educativo salesiano e son os protagonistas do seu futuro,
-
o respecto da vida como don recibido e como fonte de compromiso e de responsabilidade,
-
a acollida incondicional da persoa, o apoio positivo e o acompañamento na construción dun proxecto de vida máis humano,
-
a personalización das relacións cunha atención particular á diversidade de cada persoa e de cada cultura;
-
a construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico mediante unha acción decidida de confrontación con todas as pobrezas, o diálogo intercultural e a cidadanía responsable,
-
o traballo como fonte de educación, de realización das persoas e de mellora permanente da calidade de vida persoal e social.
Unha escola cun estilo propio: o estilo salesiano
O estilo que anima o Proxecto Educativo-Pastoral Salesiano é o propio do carisma salesiano. Este estilo caracterízase por:
-
O criterio "preventivo" polo cal facemos propostas de experiencias positivas de vida, axudándolles a superar situacións difíciles e a vivir en plenitude as súas aspiracións.
-
O ambiente educativo caracterizado polo protagonismo dos destinatarios, o espírito de familia, o traballo diario, a invitación á creatividade o clima de alegría e de festa;
-
A relación educativa persoal que favorece o encontro persoal con cada alumno e que se traduce en capacidade de acollida, diálogo, confianza e simpatía cara ao seu mundo;
-
A presenza-“asistencia” animadora dos educadores entre os nenos e mozos;
-
A oferta dunha experiencia de fe que se caracteriza polo encontro con Deus na vida diaria, a celebración da fe, a devoción a María Auxiliadora, o sentido de Igrexa e as propostas de compromiso cristián.
-
O valor que se concede aos seguintes tres alicerces na construción das persoas: a razón (entendida como cultivo do espírito crítico, invitación á lectura profunda e esperanzada da realidade, construción dun sistema de valores firme), o amor (a acolleita incondicional, a preocupación polo outro como persoa e non só como alumno, o valor educativo do diálogo, a atención preferencial aos que se atopan menos integrados) e a relixión (entendida hoxe, sobre todo nunha escola aberta e acolledora, como apertura á dimensión trascendente da persoa e preocupación por experiencias e ámbitos nos que o espiritual ten a súa relevancia).
Unha escola a tempo completo
A nosa opción pola formación integral implica unha concepción de escola que vai máis aló dos límites do horario escolar. Completamos a nosa oferta educativa cunha ampla gama de actividades que converten á Escola Salesiana nun “servizo a tempo pleno”. Entre estas iniciativas podemos destacar, ademais das actividades extraescolares ou o deporte, as moitas iniciativas do Centro Xuvenil Ateibo, as campañas de sensibilización promovidas dende a Fundación JuanSoñador ou en colaboración coa Parroquia da Milagrosa.
E ademais...
A nosa escola é popular, polo clima educativo que crea e porque dá preferencia aos ámbitos e mozos máis necesitados; libre e aberta, porque acolle, desde o seu carisma propio e a súa identidade declarada, a cantos están dispostos a emprender un camiño de maduración persoal connosco, máis aló de crenzas e ideoloxías; e comprometida co mundo, porque promove a xustiza e o dereito a unha vida máis digna para todas e todos.
Proposta educativa das escolas salesianas: Descargar