• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


"O NOSO PLANETA ESTÁ NAS NOSAS MANS"

Ao longo desta semana estamos realizando diferentes actividades para concienciar ao alumnado e rematar  cun acto que terá lugar o día 24 de marzo ás 12:30 co gallo de reivindicar a "hora do planeta".

Ás 12:30 iniciamos a nosa marcha-protesta co seguinte percorrido: sairemos da praza da Milagrosa e daremos a volta á maza pola rúa Mallorca, Avenida da Coruña, Curros Enríquez e de novo irémonos colocando na praza da Milagrosa para construír unha figura humana e posteriormente proceder a lectura dun manifesto.

No noso cole desde as 11:00, na medida do posible, procederemos ao apagado de luces, lousas dixitais, ordenadores... e instamos ao noso barrio a que secunde esta iniciativa tralo toque das campas da igrexa.

Todos xuntos podemos conseguir un planeta mellor! Únete a nosa iniciativa!

contacto