• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Hoxe en día encontrámonos nun mundo cheo de diferentes redes sociais, que foron incrementándose principalmente nos últimos anos. Estas encóntranse integradas tanto na vida persoal como social e profesional.

O uso das redes é moi cambiante e rápido, hoxe pode estar de moda unha rede social que nos próximos meses desaparecerá e comezará a utilizarse outra. Encontrámonos nun entorno no que a capacidade de comunicación rompeu barreiras e evolucionou dunha forma tan extraordinaria que afecta a todos os modos nos que se emite, circula e recupera a información, modificando a maneira de concibir a realidade, relacionarnos, aprender, traballar e ocupar o no noso tempo.

Estas ferramentas tiveron un gran impacto na vida dos rapaces e rapazas que senten a necesidade de participar nestes espazos, deixando de ser algo opcional a converterse case nun requirimento para estar en contacto cos iguais, no que poder interactuar sen ser vistos polos adultos. A utilización destes medios sociais afecta a configuración da propia identidade durante a adolescencia. Este é un período evolutivo complicado, xa que experiméntanse procesos maduramente complicados nos que buscan percibirse a si mesmos e a súa propia actividade, dando sentido ao seu mundo social coa finalidade de determinar a súa propia individualidade.

Todo isto pode crear una certa incerteza sobre as posibilidades destas ferramentas, neste caso ímonos centrar nos aspectos positivos que presentan as redes sociais e as posibilidades educativas que presentan.

Un dos aspectos positivos que proporcionan son no desenvolvemento social do individuo, destacando pola Academia Estadounidense de Psiquiatría Infantil e Adolescencia o papel para poder manterse conectado coas amizades e poder coñecer xente con gustos afíns que nos seus círculos non encontra, sentíndose menos solo/a e máis comprendido/a. Tamén son un gran aliado para mellorar as habilidades interpersoais, aprendendo a relacionarse fora do seu círculo habitual. Nestes espazos poden expresar e compartir os seus sentimentos, sentirse comprendidos e encontrar apoio, favorecendo un bo benestar emocional.

Ao ampliar os seus círculos sociais poden dar con persoas de outras partes do mundo e coñecer novas formas de pensar e diferentes realidades, xa que poden explorar fora da súa burbulla. Ademais pódense poñer en contacto ou incluso seguir a persoas que admiran que falan un idioma distinto ao seu o que fai necesario buscar a maneira de entender e polo tanto mellorar en idiomas.

Por outra parte podemos destacar o fomento da creatividade e a posibilidade de creación de contido de diferente maneira que esixe distintas características en función da plataforma a utilizar. Podemos falar de collages sobre temas de interese ou incluso a creación dalgún vídeo. Isto implicaría unha planificación de como realizalo, a formación de como usar a plataforma para chegar ao que se busca, a síntese do que quere expresarse e a orixinalidade do proxecto.

Por último, pero non menos importante, gustaríanos destacar as posibilidades educativas que podemos encontrar nas distintas redes sociais como Twitch, TikTok, Instagram, etc. Nestas existen contidos divulgativos e educativos. Podemos atopar dende profesorado que explica materias, ata contido máis lixeiro que nos fala dun tema concreto que nos pode interesar e está explicado dende unha perspectiva fácil de comprender e dinámica. Polo que podemos ter unha ampla gama de información, en distintos formatos e sobre diferentes intereses. Tamén podemos encontrar contas que informan sobre os acontecementos diarios dunha maneira máis próxima para os rapaces e rapazas e conseguir que estean informados do que sucede ao seu arredor.

Ademais existen canles con xente que estuda en directo, polo que podemos conectarnos e estudar xuntos. Isto facilita a concentración e non sentirse tan só, xa que estás con outra persoa que está a facer o mesmo ca ti e motívate a facelo. Na maioría destas canles márcanse os descansos, así que podemos seguir unha rutina de estudios. Habitualmente este tipo de vídeos encóntranse co hashtag #Studywithme.

En definitiva, podemos observar cas redes socias teñen un compoñente positivo e ferramentas útiles para educar e axudar nos procesos educativos dunha maneira lúdica, mais non podemos esquecernos de  educar nun uso responsable e adecuado destas, axudando a realizar un uso con carácter crítico.

Referencias bibliográficas

American AcademyofChild&AdolescentPsychiatry (2018). Social media and teenagers. https://www.aacap.org/AACAP/Families_and_Youth/Facts_for_Families/FFF-Guide/Social-Media-and-Teens-100.aspx

Cobos, N. (14 de enero, 2022). Beneficios de las redes sociales para los adolescentes. https://eresmama.com/beneficios-redes-sociales-adolescentes/

Escamilla-Fajardo, P., Alguacil, M. y López-Carril, S. (2021). IncorporatingTikTokinhighereducation: Pedagogicalperspectivesfrom a corporal expressionsportsciencescourse. JournalofHospitality, Leisure, SportandTourismEducation, 28.

https://www.sciencedirect.com/science/article/abs/pii/S1473837621000034?via%3Dihub

Ruiz-Corbella, M. y De-Juanas Oliva, A. (2013). Redes sociales, identidad y adolescencia: nuevos retos educativos para la familia. Estudios sobre educación, 25pp 95-11300.            https://dadun.unav.edu/bitstream/10171/34734/1/7.%20Ruiz-Corbella%20y%20De%20Juanas.pdf

 

 

 

 

 

contacto