• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


O pasado sábado 30 de abril, parte da comunidade salesiana da nosa casa e un grupiño de profes , tivemos unha xornada de convivencia.

Nesta ocasión visitamos os mosteiros de San Pedro de Rocas e San Estevo de Ribas de Sil, onde unha guía nos foi amosando o mais característico de cada un deles. A verdade que nos gustaron moito!!

Para a hora de xantar desprazámonos á cidade das Burgas, onde tivemos o rato da comida nun fermoso sitio.

Xa despois para baixar a comida visitamos o centro histórico, nesta ocasión foi José Luís, o noso director, quen facía de guía. Resultou unha xornada de convivencia moi agradable onde compartimos moitas anécdotas e risas.

Para o curso que vén... espéranos outra!!!

APAIXONADOS POLA VIDA!                                                APAIXONADOS POLA CONVIVENCIA!

contacto