• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


Un curso máis comeza o proceso de admisión do alumnado. Desde o noso centro queremos dar a benvida a todos aqueles que, dun xeito ou doutro, estades interesados en coñecer o noso colexio e, sobre todo, a nosa Proposta educativa. Ademais da información que atopedes na nosa páxina web non teñades dúbida en poñervos en contacto con nós. Seredes ben acollidos.

Na sección da páxina web A NOSA ESCOLA podedes atopar o noso Proxecto Educativo e Ideario (ver Carácter propio) e a Programación Xeral Anual na que atoparedes a nosa oferta educativa (todos os niveis concertados), as actividades e servizos ofertados, os horarios do centro e da xornada escolar entre outras informacións de interese.

Para vernos no día a día, amosámosvos este pequeno vídeo do alumnado da etapa de Infantil. 

 

 

Esperámosvos no noso colexio!!!

contacto