DESPEDIDA

Estamos outra vez nesta altura do ano, na que nos toca despedirnos, felicitar o verán e pedir que descansedes moito. Moitas destas recomendacións son as mesmas de todos os anos, pero este foi un ano completamente distinto, no que ningún de nós sabíamos como ía ser e para o cal non estábamos preparados.

Pero ao final, todo saíu mellor do que podíamos pensar en setembro, a pesares das máscaras, das distancias, dos litros de xel...

Este ano toca despedirnos “a distancia” e sen poder estar todos xuntos/as, como nos gusta, e como é o noso estilo. Pero coa felicidade e a tranquilidade do traballo ben feito.

Sen embargo, na situación que nos tocou vivir, non todo foi negativo. Vivimos algo extraordinario, que se estudará nos libros de texto nun futuro, e como xa vimos, superamos con nota as dificultades que foron xurdindo, e mirando as cousas con positivisimo; aprendemos a manexarnos con maior soltura coas novas tecnoloxías, todos gañamos en autonomía, melloramos (familias, nenos/as, profesores...) na nosa creatividade, e tamén desenvolvemos outros valores que para o noso estilo educativo son moi importantes: o de poñernos no lugar do outro, a solidariedade, etc.

Ao mellor, agora mesmo, pode que nos resulte un pouco difícil ver esta parte positiva, co cansanzo do curso, e o estrés do final, pero esta situación fíxonos a todos e todas máis fortes e mellores persoas. Sabemos, nós tamén, que rematar así o curso é máis triste e despersonalizado, e que é fácil caer nos pensamentos de todo aquilo que non puidemos vivir este curso por culpa do virus, pero se nos esforzamos un pouco, podemos recordar moitos momentos nos que a diversión e o compañeirismo vividos, nos deixarán un sorriso na cara. Os nosos fillos e fillas apenas se queixaron, foron capaces de rematar o curso, sabendo buscar momentos de risas, de alegría, de diversión, de comunidade a pesares das circunstancias que o poñían moi difícil.

Todos os maiores debemos copiar aos pequenos e quedarnos cos momentos bos, para que en pouco tempo reemplacen na nosa memoria aos non tan bos.

Dende o departamento de Orientación, queremos desexarvos unhas felices vacacións. Vémonos pronto no vindeiro curso, que non sabemos aínda o que nos deparará, así que polo de agora: DESCANSADE!

Unha aperta.

contacto

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.