O alumnado de educación infantil e de educación primaria, amósase moi contento por rematar este segundo trimestre con éxito, grazas ás medidas de seguridade seguidas dende o centro, á responsabilide das familias e sobre todo pola ilusión dos nenos/as por vir ao cole e poder compartir experiencias.

Como remate do trimestre escenificaron no patio a procesión da Virxe da Esperanza, dunha maneira estática e con distanciamento de seguridade.

Representantes de cada aula de primaria e todo o alumnado de infantil disfrutaron da escenificación na que os cofrades, respectando sempre o grupo burbulla de aula, procesionaron e levaron en andas a pequena Virxe á vez que todos xuntos, entoaban a Salve mariñeira.

contacto