Todo o alumnado  do colexio está comprometido no coidado, sensibilización e concienciación do medio ambiente. Por eso levamos varios cursos realizando distintas accións educativas relacionadas con este tema, como por exemplo "Venres polo Futuro".

Este curso seguimos traballando valores medioambientales e co lema "Non máis promesas baleiras", lema da movilización global polo clima, convocada o pasado 19 de marzo, para reclamar  que os estados cumplan o pactado no Acordo de París, o alumnado de Infantil, de primaria e da ESO levaron a cabo o xoves 17,  distintas accións educativas a favor do medio ambiente, tales como: Lectura dun manifiesto, elaboración de carteis con lemas, saída ao patio cos carteis, visionado de videos do cambio climático que se está a vivir e interpretaron a canción "Canta polo clima".

As novas xeracións teñen que saber o que está a acontecer porque das accións de hoxe, dependerá o seu futuro.

contacto