O pasado venres, celebramos no colexio o día do noso patrón. Xa durante a semana fixemos diferentes actividades para coñecer cousas da súa vida, e poñer en valor o que fixo este santo, non soamente dende a perspectiva educativa, legándonos entre outros ese “sistema preventivo”, senón tamén unha asistencia moral que se instalou no noso ideario educativo como fonte de solidariedade e educación para os nosos alumnos e alumnas.

Gustaríame saber que faría Don Bosco ante una situación coma a que estamos a vivir. Esta crise sanitaria mudouno todo, incluso o noso modo de celebrar o noso patrón. Pero Don Bosco non querería ver a nenos e maiores o día do seu patrón con pozas nas retinas. As súas reflexións máis grandes agárdannos onde estiveron sempre, aínda en momentos tan duros coma os que estamos a padecer : “A miña maior satisfacción é verte ledo!”

O santo, quérenos ditosos, por iso sempre tiña ós mozos no ceo da súa boca, por iso, estou certo, que dende o ceo nos segue a coidar e a protexer, neste intre, que nos sabemos tan fráxiles…

Agora, que o que de verdade importa é ter un prato de comida na mesa, agora que o que de verdade importa é que aqueles que máis queremos teñan saúde, agora, máis que nunca, a mensaxe de Don Bosco convértese nun regalo. Aí é onde reside a súa grandeza.

Viva Don Bosco!