Hoxe festexamos ao noso patrón e fundador, Don Bosco. A pesares de ser un ano moi atípico, seguimos celebrándoo respectado tódalas medidas de seguridade.

Comezamos o día cunha celebración, que cada grupo fixo de xeito individual na súa aula, seguimos cunha titoría para homenaxear a eses heroes de carne e óso que adican a súa vida ou parte dela a axudar aos seus semellantes, como fixo Don Bosco ao longo da súa vida.

Tamén gravamos un lipdub con cantigas adicadas a Don Bosco e rematamos a xornada con actividades un pouco máis lúdicas.

Desexamos que todos e todas pasemos un moi feliz día de Don Bosco.