O venres, 11 de decembro ás 18.30 h., tivo lugar a entrega de premios do concurso "Premios Muralla de Lugo" organizado polo diario "O Progreso".

Outorgáronnos o premio por ser o colexio que máis traballos presentou, na categpría de debuxo.

O premio que consistiu en dúas tablets, foi entregado a D. José Luis Gallego, director do centro, polo presidente da diputación de Lugo.

Parabéns a todo o alumnado que participou neste concurso porque a través dos seus debuxos reflectiron o amor pola muralla, o noso gran monumento, da cal nos sentimos moi orgullosos.