Con esta circular, queremos informarvos da nosa fonda preocupación pola nova lei educativa, a LOMLOE, máis coñecida como Lei Celaá, que se está a debater actualmente no Parlamento, en plena pandemia da COVID-19, cando as preocupación das familias e de toda a sociedade son outras moi distintas.

 

No canto de aprazar os debates da Lei a outro período máis oportuno, o Goberno preferiu aproveitar para celebrar a súa nova Lei, sen debate e sen consenso e introducir cambios de gran calado no seu articulado que dotan as administración de facultades cada vez máis amplas, desprazando a respoonsabilidade das familias como primeiras educadoras dos seus fillos.

 

De feito, a LOMLOE elimina a demanda social e permite distribuír o alumnado por centros, reducindo significativamente a capacidade de elección das familias do colexio que queren para os seus fillos, sendo este un dereito avalado pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, esta lei devalúa o ensino da materia de Relixión na escola e pon en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial, entre outros preocupantes aspectos.

 

A LOMLOE afecta a máis de 260.000 profesionais, docentes e non-docentes, que ven perigar a continuidade dos seus postos de traballo; aos 4 millóns de familias ás que se lles limita o dereito a elixiren o tipo de educación que mellor se adecúa ás necesidades dos seus fillos e ao proxecto educativo co que se identifican; a máis de 3 millóns de alumnos e alumnas, que elixen voluntariamente cursar a a materia de Relixión en centros públicos e privados; todo isto englobado en máis de 9.300 centros da rede concertada e privada que ven perigar a súa continuidade e función social.

 

En definitiva, a LOMLOE afecta ao noso colexio, aos noso profesorado, ás nosas familias e ao noso alumnado, aféctavos a vós, directamente, aféctanos a todos e a todas.

 

Animámosvos a que asinedes o manifesto desta campaña, que poderedes atopar na web www.masplurales.es