O reencontro, logo de tantos meses sen poder estar todos xuntos e tan agardado, foi moi especial. 

Trala máscara fomos sacando á luz as nosas emocións. Cos ollos, os nosos novos labios estamos aprendendo a sorrir, a expresarnos e a manifestar a nosa ledicia de volver a vernos. 

Toda a Comunidade educativa traballamos moito para que o cole sexa un lugar seguro para todos, tomando as medidas de seguridade precisas para afrontar esta crise sanitaria, que non é a mellor pero con ela estamos aprendendo a vivir e a valorar as cousas de forma diferente e iso é o que nos fai cada día vir ao cole con ilusión. 

Video "El camino hasta aquí...2020"