Tres membros da Asociación S.L.A.  mantiveron, no seu obradoiro, unha entrevista organizada polo Concello de Lugo.

Carlota de 5º de Educación Primaria e membro da banda S.L.A. deu a coñecer a súa vivencia na Asociación e a súa simboloxía. Manifestou a ledicia que sente ao desfilar polas rúas da cidade tocando o seu tambor, sentíndose como a protagonista da festa ao ser observada pola xente que está a ver os desfiles.

Xunto a Carlota estiveron dous membros da xunta directiva , Mónica e Manuel que lembraron a orixe deste colectivo facendo un percorrido dende o ano 2006 no que este numeroso colectivo, formado por unhas 300 persoas, empezou a desfilar na festa, lembrando tamén que no ano 2014 constituiuse como Asociación.

Nesta entrevista resaltaron que o obxectivo que moveu a organizarse como gran Grupo era, e segue sendo,  camiñar xuntos e gozar en familia toda a comunidade educativa da festa do Arde Lucus, das saídas culturais, dos talleres, das exposicións,...

Por último, deixaron ben claro que a pesares da situación que se está a vivir hoxe en día, a Asociación Salesiani Luci Augusti segue traballando con ilusión en novos proxectos e iniciativas agardando con ilusión a volta á normalidade.