Benqueridas familias:

Ante as últimas noticias publicadas nos medios de comunicación e á espera dunha confirmación oficial (DOGA) por parte da Xunta, o comezo das clases na ESO retrásase unha semana (mércores 23).

O luns esperamos publicar unha circular na páxina web coas informacións oficiais  que aparezan sobre o comezo das clases, horarios de entradas e saídas, listas de materiais para cada materia e información varias a ter en conta.

Un saúdo