Lugo, 3 de xuño de 2020

 

 

Benqueridas familias,

 

Póñome de novo en contacto con vós, desexando que sigades ben, para informar de varios temas de interese:

 

  1. Fondo e axudas libros e material escolar para o curso 2020-2021.

O 19 de xuño remata o prazo para solicitar a participación no fondo e nas axudas de libros, así como as axudas de material escolar.

  1. Orlas do alumnado de 5 anos, 6º de Primaria e 4º de ESO. Se non hai problemas e nos chegan a tempo, as familias interesadas en adquirir as orlas dos seus fillos/as poderán facelo o día de entrega do resto de materiais. O prezo é de 23 euros. Se algunha familia está interesada e non pode compralas nese momento poderá facelo o día que atendamos pola tarde (25 de xuño de 17.00 a 19.00 h.).

  2. Recollida do material que queda no centro. Desde o centro prepararemos bolsas co material do alumnado que aínda está no centro (ver horario adxunto). Os que non poidan vir no seu horario haberá un día pola tarde. A partires de mañá non se entregará ningún material que estea no centro ata o día sinalado.

  3. Devolución dos libros do fondo (ver horario adxunto). O mesmo día que veñan recoller o material tamén devolverán os libros do fondo. Previamente os titores indicarán por medio da plataforma que libros debe devolver cada alumno/a. Lembramos que é imprescindible devolver todos os libros para poder participar nas axudas do vindeiro curso. Por outra banda, agradecemos as doazóns de libros, agás libros de 3º e 5º de Primaria, pois cambiarémolos este curso. O alumnado de ESO con materias suspensas para setembro non traerá neste momento os libros desas materias, pero si o resto.

  4. Entrega de notas e listaxe de material para o curso 2020-2021. O mesmo día tamén entregaranse as listaxes de material para o vindeiro curso, aínda que quedarán expostas no taboleiro de entrada ao centro e na nosa páxina web. As notas estarán dispoñibles na plataforma e o día que as familias veñan ao centro poderán falar coas persoas titoras brevemente. Nalgúns casos tamén se realizará unha entrevista on-line.

  5. Obxectos perdidos. Nestes días tamén quedarán expostos no patio os obxectos perdidos do curso para aqueles que queiran revisalos.

  6. ORGANIZACIÓN. Horas, días e cursos para recoller os materiais:

Curso

Día

Hora

Lugar

3 anos – 4º EI

22 de xuño

09.00-10.30

Patio

4 anos – 5º EI

22 de xuño

10.30-12.00

Patio

5 anos – 6º EI

22 de xuño

12.30-14.00

Patio

1º EP

19 de xuño

09.00-10.00

Patio

2º EP

19 de xuño

10.00-11.00

Patio

3º EP

19 de xuño

11.00-12.00

Patio

4º EP

19 de xuño

12.00-13.00

Patio

5º EP

19 de xuño

09.00-11.00

Salón de actos

6º EP

19 de xuño

12.00-14.00

Salón de actos

1º ESO

23 de xuño

09.00-11.00

Patio

2º ESO

23 de xuño

12.00-14.00

Patio

3º ESO

23 de xuño

09.00-11.00

Salón de actos

4º ESO

23 de xuño

12.00-14.00

Salón de actos

IMPORTANTE: Cumprir as normas de seguridade que estarán indicadas nas entradas (patio ou portería), así como as que estamos a seguir estes días (vir con máscaras, manter as distancias de seguridade...). A ser posible non vir con nenos/as.

 

O xoves 25 de xuño en horario de 17.00 a 19.00 h. atenderase ás familias que non puideran vir na súa franxa horaria.

 

Recibide un cordial saúdo.

Atentamente,

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

(Director)