Como ben sabedes, o día 17 de maio é para os cidadáns e cidadás galegos o Día das Letras Galegas desde que, en 1963, a Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicarlle esta data a un autor ou autora que destacase na defensa e promoción da lingua e cultura de noso.

Este ano homenaxéase ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galega.

A Real Academia galega, nunha medida inédita e sen precedentes na historia da institución,por mor da delicada situación que estamos a vivir, decidiu adiar os actos conmemorativos para o mes de outubro.

Malia este feito, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do colexio, queremos sumarnos a esta celebración tan especial e convidarvos a ver un vídeo elaborado polo EDLG con varias das poesías de Carvalho Calero. Premede aquí para visualizalo.