Lugo, 11 de maio de 2020

Benqueridas familias,

Póñome de novo en contacto con vós, desexando que sigades ben, para informar de varios temas de interese:

 

  1. Como xa comunicamos o novo prazo de admisión de alumnado para o curso 2020-2021 reanúdase desde o día 11 de maio ata o 18 do mesmo mes. Xa comunicamos os novos prazos. O alumnado que continúa no centro non ten que facer ningunha solicitude.

  2. Horario de apertura do centro. Desde o luns 11 de maio comezaremos a abrir o centro en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas. Para todos aqueles que acudan ao centro prégase seguir as medidas de seguridade aconselladas desde as autoridades sanitarias.

  3. Devolución de recibos. A partires do 19 de maio en horario de 9.00 a 14.00 horas poderán pasar polo centro, chamar telefonicamente ou contactar por medio de correo electrónico coa administradora (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) para xestionar a regularización e devolución da parte correspondente dos recibos do mes de marzo e outras actividades pagadas e non realizadas. Tamén a empresa de inglés Activa xestionará a devolución coas familias.

  4. Enquisas. Animamos ás familias a seguir cubrindo as enquisas para coñecer a vosa opinión. É moi importante para nós e para seguir mellorando continuamente, na medida da nosas posibilidades e recursos. Agradecemos as respostas.

  5. Programacións. A partires do día 14 de maio poderán consultar na páxina web as adaptacións das programacións para este curso cos criterios de cualificación.

  6. Ordenadores en préstamo. A Xunta deixounos un portátil cun Kit de conexión wifi e unha editorial dous dispositivos máis. Xa están entregados. O criterio empregado foi comezar desde 4º de ESO e seguir por cursos inferiores.

  7. Recollida de material escolar que aínda tedes no centro. Polo de agora non temos instrucións para proceder á recollida do material escolar que ten o alumnado no centro. Se non é necesario é mellor esperar e cando teñamos información precisa indicaremos como proceder.

  8. Tarefas da semana do 11 ao 15 de maio. Como indicaremos por medio doutro correo e colgaremos na web, a semana do 11 ao 15 non mandaremos traballo; pois, seguindo as recomendacións do EOE e valorando no equipo docente as situacións, cremos que pode ser unha boa semana para repasar, rematar tarefas pendentes e intentar ter algún encontro/clase online e/ou resolver dúbidas co profesorado. Para o alumnado de ESO con materias suspensas doutras avaliacións ou pendentes doutros cursos será un bo momento para facer este traballo. Prégase confirmación dos correos enviados por parte do profesorado coas tarefas de recuperación.

  9. Na medida que teñamos información máis precisa informaremos doutros temas: devolución dos libros do préstamo, graduacións (se se pode facer algunha e como, especialmente a de 4º de ESO)...

  10. Para estar informados dos temas oficiais referentes a educación podedes seguir a páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/.

 

Recibide un cordial saúdo.

Atentamente,

 

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director