Benqueridas familias,

As tarefas e recomendacións de traballo para esta semana do 11 ao 15 de maio, seguindo as recomendacións do EOE e valorando no equipo docente as diferentes situacións, serán de repaso, para rematar tarefas pendentes e intentar ter algún encontro/clase online e/ou resolver dúbidas co profesorado.

 

  1. Para o alumnado de Educación Infantil enviarase traballo pola plataforma para cada curso.

  2. O alumnado de Educación Primaria repasará o traballo realizado durante o tempo de confinamento e rematará o que aínda non fixera. Poderá facer consultas ao profesorado.

  3. O alumnado de ESO poderá tamén repasar e rematar tarefas pendentes. Intentarase, en algunhas materias, ter clases online para resolver dúbidas ou completar contidos importantes da materia para ter unha visión global do curso. Para o alumnado de ESO con materias suspensas doutras avaliacións ou pendentes doutros cursos será un bo momento para facer este traballo. Prégase confirmación dos correos enviados por parte do profesorado coas tarefas de recuperación.

 

Recibide un cordial saúdo.

Atentamente,

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director