Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 publicada no DOG do 6 de maio de 2020 no apartado “Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21” estes son os novos prazos:

 

Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Do 11 ao 18 de maio de 2020

 

Novos prazos:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

  • Formalización da matrícula ordinaria en ESO e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

HORARIO DE ATENCIÓN de 9.00 a 14.00 horas