PLATAFORMA PARA TODAS AS FAMILIAS QUE O DESEXEN

 

 

Lugo, 25 de marzo de 2020

 

Benqueridas familias,

 

Póñome de novo en contacto con todas e todos vós para saudarvos e desexarvos que esteades todos o mellor posible.

 

Agradecemos, dun xeito especial nestes días, o traballo das persoas das familias da comunidade educativa que están realizando tarefas máis arriscadas nestes momentos a prol de toda a sociedade. Grazas!

 

Animamos a todas e todos a vivir esta situación coa maior serenidade e calma posibles, aínda que sabemos que para todos é difícil e anómala, pero confiamos en que sairemos adiante co bo facer de todos. Moito ánimo!

 

Como vedes imos enviando información de diferente tipo ás familias, pero non queremos en ningún momento saturar. Queremos ofrecer posibilidades para o traballo cos vosos fillos e fillas, un traballo que como vedes non é só académico, por iso estamos a enviar diferentes propostas. Queda nas vosas mans a participación ou non dependendo das vosas posibilidades.

 

Finalmente quero informar que hoxe nunha reunión online do equipo directivo vimos positiva a posibilidade de que ofrecer a todas as familias que o desexen, e mentres dure esta situación do estado de alarma, o acceso á plataforma dun xeito gratuíto. Para poder dar de alta ás familias que o desexen deberán poñerse en contacto telefónico co centro en horario de 10.00 a 13.00 horas. Deste xeito, ademais da información xeral que estamos colgado na web do colexio para que todas e todos poidan acceder facilitamos tamén o contacto coas persoas titoras e a posibilidade de ter diferentes recursos para traballar nestes días que estamos enviando pola plataforma.

 

Seguiremos informando das novidades que nos cheguen.

 

Unha vez máis moito ánimo a todas e todos e moitas grazas polo traballo de todos e todas para saír desta situación.

 

Atentamente

 

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director