Lugo, 16 de marzo de 2020

Benqueridas familias,

 

Poñémonos de novo en contacto con todos vós para concretar dous temas:

 

  1. NOVO HORARIO DE APERTURA DE CENTRO

O centro abrirá de 10.00 a 13.00 horas. Polo tanto, á tarde xa non abriremos. Lembrade que os días 19 e 20 de marzo estará todo o día pechado.

Esta información podédela atopar no portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e di o seguinte:

 

Comunicación aclaratoria das instrucións en materia de presenza de persoal nos centros de ensino non universitario

 

Lun, 16/03/2020 - 10:40

Diante das modificacións derivadas da declaración do estado de alarma, acláranse as últimas instrucións:

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas.

 

  1. ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

Recoméndase a presentación telemática:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Novas instrucións en relación co COVID-19

 

Ven, 13/03/2020 - 13:56

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Moitas grazas pola colaboración de todas e todos.

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director