Lugo, 12 de marzo de 2020

 

Benqueridas familias,

 

Logo da comparecencia do noso Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, procedemos a comunicarvos a suspensión da actividade lectiva e extraescolar en todos os niveis educativos durante catorce días, a partir do luns día 16 de marzo de forma oficial.

 

Mañá, venres día 13 de marzo, a decisión de asistencia ou non ao centro correspóndenlles ás familias. A Xunta recomenda a non asistencia. O servizo de gardería e comedor funcionarán mañá. Non haberá actividades de Ateibo ata novo aviso.

 

Seguiremos informando ás familias por medio da plataforma e da páxina web das comunicacións oficiais e doutras cuestións de interese que nos cheguen.

 

 

 

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director