Lugo, 11 de marzo de 2020

Benqueridas familias,

Todos somos coñecedores da situación que está creando a propagación do coronavirus (Covid-19) no noso país. Hoxe na reunión do equipo directivo do centro estivemos reflexionando sobre as suxestións que nos chegan desde diferentes organismos e tomamos algunhas decisións que poñemos no seu coñecemento:

Seguiremos as medidas oficiais comunicadas desde a Consellería de Sanidade e Educación nesta materia.

Seguindo as indicacións do goberno de España de non facer viaxes, suspendemos ou adiamos, se é posible realizalas noutras datas, as saídas culturais previstas para antes de Semana Santa fóra de Lugo. Desde cada etapa indicaranse as actividades que se cancelan se xa están convocadas e como se procederá para devolver os cartos se xa se pagaron.

Indicaremos ao alumnado e ao profesorado a importancia de seguir as medidas hixiénicas para previr a transmisión deste virus por medio de carteis e, na medida que haxa existencias, facilitando dispensadores de xel desinfectante nas aulas.

Lembramos novamente que o alumnado non debe acudir ao centro enfermo e debemos avisar da súa ausencia á persoa titora correspondente por calquera dos medios habituais.

Aconsellamos manter a calma e seguir as indicacións oficiais sobre este tema.

 

Moitas grazas pola súa atención e colaboración,

 

Óscar Bartolomé Fernández

Director