O xoves, despois do entroido e do mércores de cinza, a primeira hora da mañá tivemos a celebración da imposición da cinza para o alumnado das etapas de primaria e secundaria na parroquia da Milagrosa.

Con ela damos paso á Coresma, que é o camiño que nos levará á Pascua.

Estes corenta días son un tempo de cambio, un tempo de conversión onde tentaremos ser mellores persoas e cristiáns.

FELIZ CORESMA 2020