O alumnado de infantil, aló polo mes de outubro, sementamos os nabos na horta do cole, seguimos observando como medraban día tras día ata que se converteron en grelos.

Onte recollemos a colleita, lavámola moi ben e hoxe, convertemos o corredor de infantil na gran cociña na que preparamos o caldo nunha grandísima pota. Non faltou de nada: chourizos, touciño, grelos, patacas e fabas.

Desprendía un cheiro delicioso que invadiu todo o colexio e daban gañas de comer a todo o mundo.

Bailamos todos xuntos e cantamos "Meu caldo, meu grelo".

Rematamos esta actividade do proxecto "Coido o meu planeta" coa degustación do noso  "Caldo de grelos".

Estaba boísimo!