Un ano máis Escolas Católicas de Galicia organizou o Concurso de Innovación Pastoral. E este ano, o noso colexio de Salesianos Lugo, obtivo o terceiro premio!

Presentouse o traballo titulado: ”Coma na casa. Unha pastoral ecolóxica” onde amosabamos unha descrición das actividades que estamos a levar a cabo no colexio, en particular aquelas que teñen relación co coidado do medio ambiente e da nosa casa común, en liña co lema deste ano, así como os principios de fondo que inspiran todas estas actividades, e a articulación que teñen dentro do desenvolvemento da nosa labor docente.

Recibimos este premio con humildade, o sábado 1 de febreiro dentro da Xornada de Pastoral Educativa organizada por Escolas Católicas en Santiago,sabendo que hai moitas cousas nas que seguir medrando, e ao mesmo tempo con gratitude polo recoñecemento que supón ao noso traballo pastoral e a nosa escola salesiana.