A semana pasada os nenos e neas de 2º, e esta semana os e as de 1º vimos de visitar o Parque eólico experimental Sotavento, en Xermade. Alí aprendemos un montón de cousas sobre as enerxías renovables tales coma a solar ou a eólica, e visitamos unha vivenda moi especial, eficiente e que reduce a contaminación ao mínimo. Pasámolo súper ben e voltamos a casa cun papaventos moi molón.