O pasado 13 e 14 de novembro, os alumnos de 3º da ESO visitamos as instalacións do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial)  no aeródromo de Rozas, e despois aprendimos máis sobre os drons e as súas aplicacións. É impresionante canto nos poden axudar os drons a simplificar algunhas tarefas: facer mapas, limpar, reparar placas solares, documentar xacementos arqueolóxicos, atopar persoas no bosque, seguir o avance dos lumes... e mesmo controlar á velutina!

Tamén tivemos a oportunidade de pilotar nós mesmos un dron. Primero aprendimos o funcionamento dos mandos nun simulador, e despois deixáronnos probar uns de verdade para superar algúns retos. Foi unha gran experiencia e sempre é motivador descubrir as aplicacións da ciencia na vida cotiá. Aquí podes ver fotos desta visita.