O pasado venres, 22 de novembro, as nenas e os nenso de infantil e primaria celebramos o magosto no cole. Foi un día moi divertido, no que comezamos vendo a representación do "Milagre das Castañas" que nos representaron os nenos e nenas que participan no grupo de teatro de extraescolares.

Debido ás condicións meteorolóxicas vimonos obrigados a celebralo dentro, pero aínda así pasámolo moi ben. Tivemos música e degustamos noces, avelás e, como non podía ser doutro xeito, castañas.

As nenas e os nenos de 6º celebrámolo cos de infantil axudándolles a pelar as castañas.

Viva o Magosto!